Galicia

A Xunta apoia a 30ª edición do Rally Matemático e Científico ‘Sen Fronteiras 2022’

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto de entrega de premios do XXX Rally Matemático e Científico Sen Fronteiras 2022, na Facultade de Química da Universidade de Santiago de Compostela.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Deputación de Pontevedra organiza un curso de linguaxe administrativa galega

Este curso de linguaxe administrativa galega de nivel medio está dirixido ao persoal ao servizo da Deputación de Pontevedra e ao dos concellos da provincia adheridos ao Plan agrupado de formación continua para o ano 2022.

Fonte: Consello da Cultura Galega

A Xunta de Galicia convoca axudas destinadas ás entidades locais para a promoción do uso da lingua galega

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade publicou as bases para a concesión de subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso do galego no ano 2022. O importe destinado a esta convocatoria de axudas é de 350 000 euros.

Fonte: Consello da Cultura Galega

A Mesa pola Normalización Lingüística presenta o seu informe anual da Liña do Galego

Segundo os datos recollidos no informe de 2021, nese ano tramitáronse 488 queixas, atendéronse 55 consultas e recibíronse 58 parabéns. Ademais, duplicouse o número de queixas recibidas por vulneracións de dereitos lingüísticos.

Fonte: Consello da Cultura Galega

A programación das Letras Galegas 2022 reúne máis de 150 iniciativas arredor de Florencio Delgado Gurriarán

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, participou na presentación da programación das Letras Galegas 2022. Trátase dun amplo abano con máis de 150 actividades dedicado á figura do poeta, tradutor, editor, escritor e activista Florencio Delgado Gurriarán.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Deputación da Coruña organiza as Residencias Artísticas Mariñán para impulsar a creación en galego

As Residencias Artísticas Mariñán supoñen unha aposta da Deputación da Coruña por fomentar a creación en galego, que terá neste 2022 a produción musical e literaria como principal motivo.

Fonte: Galicia Confidencial

O Almanaque Agrícola ZZ celebra o seu 70 aniversario co apoio da Xunta

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no Centro Cultural do Porriño no acto de celebración do 70 aniversario do Almanaque Agrícola ZZ, organizado polo Foro Enrique Peinador en colaboración coa Xunta de Galicia, o Concello do Porriño e a multinacional farmacéutica Syngenta.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Xunta e o Parlamento colaboran na edición dun volume que recompila a obra literaria de Ricardo Carvalho Calero

Coincidindo co 22 cabodano de Ricardo Carvalho Calero e, asemade, coa súa toma de posesión como catedrático da Universidade de Santiago de Compostela (USC) hai 50 anos, a Xunta, o Parlamento de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela (USC) presentaron en rolda de prensa o volume Ricardo Carvalho Calero. Obra literaria: poesía, teatro e narrativa, da autoría de Pilar García Negro e Manuel Castelao Mexuto.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

O Concello de Ares aproba a súa Ordenanza de uso social da lingua galega

O BOP da Coruña publicou a Ordenanza de uso social da lingua galega do Concello de Ares, que inclúe as obrigas e as liñas de actuación que rexerán os usos lingüísticos desta entidade.

Fonte: Consello da Cultura Galega

A Deputación de Pontevedra convoca axudas para a realización de actividades de dinamización do galego

Estas subvencións, por valor de 220 000 euros, están dirixidas a entidades sen fins de lucro e aos concellos co obxectivo de que poñan en marcha actividades de dinamización da lingua galega durante este ano 2022.

Fonte: Deputación de Pontevedra

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder