Galicia
O colectivo Galeguizar Galicia organiza varios actos de promoción do galego nos ámbitos xurídico e económico
O colectivo Galeguizar Galicia desenvolverá ao longo dos meses de marzo e abril diferentes actos de promoción do galego nos ámbitos xurídico e económico no Porriño, Vigo e Ourense.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Os establecementos adheridos ao proxecto Abertos ao Galego poderán ter o dominio .gal de balde
A asociación PuntoGal e a Mesa pola Normalización Lingüística acordan a promoción do dominio .gal para os establecementos adheridos ao proxecto Abertos ao Galego, de maneira que estes poidan facer o cambio de xeito gratuíto dos seus dominios web para .gal.
Fonte: Código Cero
A Xunta convoca para maio e xuño as primeiras probas Celga do ano, que acreditan os niveis de coñecemento da lingua galega

A Xunta publicará a convocatoria para inscribirse nas probas que permiten obter os certificados oficiais que acreditan os niveis de coñecemento da lingua galega, os Celga. Como indica a convocatoria, a realización das probas dos Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4 está prevista, como é costume, para os meses de maio e xuño en Santiago de Compostela e Ponferrada.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O Monbus Obradoiro asina un convenio coa Secretaría Xeral de Política Lingüística para promover o galego nas súas redes sociais e nos partidos

O Monbus Obradoiro e a Fundación Heracles asinaron un convenio de colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística polo que o club se comprometa a promover o uso do galego nas súas redes sociais e nos partidos.
Fonte: Obradoiro CAB
A novena edición do Festival Carballo Interplay volverá reivindicar a creación de contidos dixitais dende Galicia e en galego

O vindeiro 6 de abril dará comezo unha nova edición do Carballo Interplay que continuará coa súa aposta polo talento feito en Galicia e en galego, xa sexa en redes sociais, no ámbito audiovisual ou en formato podcast.
Fonte: Código Cero
A Insua dos Poetas acollerá a celebración polo Día Mundial da Poesía co apoio da Xunta
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación das actividades do Día Mundial da Poesía, que se celebra na Insua dos Poetas o luns 21 de marzo, coincidindo coa efeméride establecida pola Unesco, co apoio da Xunta de Galicia, da Deputación de Ourense e do Concello do Carballiño.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Universidade de Santiago publica un novo glosario plurilingüe sobre xestión universitaria

O catálogo de publicacións de vocabularios especializados da Universidade de Santiago amplíase coa incorporación do volume Termos esenciais de xestión universitaria, un glosario cuadrilingüe que recolle as denominacións en galego, español, inglés e catalán de 650 conceptos vinculados con esta área.
Netflix incorporará preto de 70 títulos en galego ao longo do ano coa colaboración da Xunta

A plataforma de entretemento Netflix dá un paso máis para impulsar a presenza da lingua galega no seu servizo mediante o subtitulado dunha selección de series e películas internacionais e a dobraxe de varios títulos infantís e familiares.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Convócase a décima edición do Certame de Banda Deseñada AXI
O IES Arcebispo Xelmírez I e a Secretaría Xeral de Política Lingüística convocan o X Certame de Banda Deseñada AXI, un concurso que busca fomentar o galego e a creatividade do alumnado de secundaria, bacharelato e ciclos formativos.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Arranca en Santiago a V edición do festival de poesía ‘Alguén que respira!’ co apoio da Xunta

O festival de poesía “Alguén que respira!” arranca a súa quinta edición co apoio da Xunta e recuperando o modelo de catro xornadas consecutivas dos seus inicios. Baixo o lema “Corpos, disidencias, desexo”, reunirá no Teatro Principal de Santiago a destacadas personalidades da poesía contemporánea.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Boletín
Subscríbase ao boletín