Galicia

A Xunta e Agadea impulsan o I Premio de literatura infantil ‘Simbad para o Recordo e o Alzhéimer’

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na rolda de prensa para presentar o I Premio de Literatura Infantil «Simbad para o Recordo e o Alzhéimer», convocado pola asociación Agadea Alzhéimer co apoio da Xunta entre outras institucións.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Galicia e Portugal afianzan a colaboración en proxectos lingüísticos e educativos

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, e o embaixador de Portugal en España, João António da Costa, mantiveron unha reunión de traballo co obxectivo de afianzar a estreita colaboración en proxectos lingüísticos e educativos entre Galicia e o país veciño.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Xunta difunde a lendaria figura de San Cipriano co catálogo da mostra exposta no Museo Etnolóxico de Ribadavia en 2021

A Xunta fai perdurar a mostra «San Cipriano o Mago. De oracións, ciprianillos e tesouros» coa publicación do catálogo que recolle as máis de 150 pezas expostas no Museo Etnolóxico de Ribadavia ao longo de 2021.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Convócanse subvencións destinadas a fomentar a creación audiovisual en lingua galega

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) lanza unha convocatoria de axudas para o ano 2022 destinadas a impulsar a creación e o talento audiovisual en galego.

Fonte: Consello da Cultura Galega

O Teatro Principal de Ourense acolle a estrea de ‘O porco de pé’ no marco da Rede Galega de Teatros e Auditorios e co apoio da Xunta

A Rede Galega de Teatros e Auditorios, impulsada pola Xunta en colaboración coas administracións locais, leva ao Teatro Principal de Ourense a estrea de O porco de pé, de Producións Teatráis Excéntricas.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

O conselleiro de Cultura destaca a Florencio Delgado Gurriarán como un poeta senlleiro na larga tradición das letras galegas

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, participou na Insua dos Poetas na celebración do Día Mundial da Poesía, onde destacou a Florencio Delgado Gurriarán como un poeta senlleiro na longa tradición literaria galega.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Nace Alingua, unha asociación que agrupa dezaoito concellos a prol do galego

Un total de 18 concellos (A Baña, Ames, A Coruña, Betanzos, Cedeira, Ferrol, Moaña, Narón, O Grove, Ponteceso, Pontevedra, Redondela, Ribadeo, Rianxo, Rois, Santiago de Compostela, Teo e Vilagarcía de Arousa) forma Alingua, Asociación de Entidades Locais pola Lingua Galega, que nace co obxectivo de desenvolver proxectos conxuntos a prol da normalización do galego.

Fonte: CulturaGalega

Preséntase un proxecto audiovisual que mostra a realidade do galego na escola

Aquí medra a lingua é o título dun proxecto do Consello da Cultura Galega (CCG) no que fai un percorrido audiovisual por seis centros de diferentes contextos do territorio galego (IES Perdouro de Burela, CPI Virxe da Saleta de Cea, IES Félix Muriel de Rianxo, CEIP Barouta de Ames, CRA Nosa Señora de Ponteceso e CEIP Barouta de Moaña) para dar a coñecer actividade dos seus Equipos de Dinamización Lingüística.

Fonte: Consello da Cultura Galega

A Xunta salienta o talento creativo dos artistas contemporáneos galegos e a súa contribución a promover a arte entre os máis novos

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participaron na presentación da 7ª edición da Semana das Artes Plásticas da asociación Tá en Artes que conta co apoio da Xunta.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Universidade de Santiago convoca os Esenciais de 2022, unha colección que busca achegar o galego á docencia

A colección Esenciais é un recurso orientado a apoiar o traballo do profesorado e do alumnado nos seus diferentes roles. Trátase de resumir unha materia para elaborar unha guía de referencia que sirva para mellorar a comunicación lingüística en galego no eido científico.

Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder