Galicia
A Universidade da Coruña convoca axudas á investigación en lingua galega
Esta convocatoria de axudas está destinada ao alumnado que realice e defenda a tese de doutoramento, o traballo fin de mestrado ou o traballo fin de grao en lingua galega. As persoas interesadas recibirán, ademais da axuda económica, asesoramento lingüístico.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A Xunta e Renfe colaboran na homenaxe a Florencio Delgado co gallo do Día das Letras Galegas
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román González, e o presidente de Renfe, Isaías Táboas, asinaron en Santiago de Compostela un acordo de colaboración para homenaxear a Florencio Delgado Gurriarán, autor ao que se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O Servizo de Normalización Lingüística da USC colabora coas propostas de nomes en galego no Vocabulario de redes sociais

O Vocabulario de redes sociais, elaborado polo Centro de Terminoloxía TERMCAT e Realiter, conta cunha nova versión ampliada, na que se inclúen 173 termos e as equivalencias en seis linguas románicas: catalán, castelán (variantes de Europa e de México), francés, galego, italiano e portugués (variantes de Europa e do Brasil).
Fonte: Consello da Cultura Galega
Xunta e Galaxia editan ‘Tempo novo’, a novela de Neira Vilas sobre a emigración galega en Cuba
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu á presentación do libro Tempo novo, de Xosé Neira Vilas, publicado pola Editorial Galaxia co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Xunta ofrece un novo obradoiro gratuíto sobre a creación de personaxes de ficción para conmemorar o Día do Libro

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación do Obradoiro de creación de personaxes que ofrecerá a Xunta de Galicia co gallo do Día do Libro.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O luns 25 de abril finaliza o prazo para a presentación de proxectos á convocatoria do fondo de proxectos culturais ‘TeCe Redes en galego’

O prazo para presentar proxectos á convocatoria do fondo “TeCe Redes en Galego” remata o luns 25 de abril. Trátase da primeira edición deste novo repositorio de proxectos dixitais e servizos presenciais creado ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21-22. Dotado cunha cantidade inicial de 500 000 euros, esta iniciativa nace co obxectivo de fornecer de materiais e actividades a través dun programa de dinamización lingüística e de transmisión xeracional dirixido a un público infantil, xuvenil e familiar.
Todas as empresas, cooperativas e profesionais do sector cultural, creativo e artístico vinculadas cos procesos de dinamización da lingua galega no desenvolvemento da súa actividade poderán presentar as súas solicitudes ata o 25 de abril a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia. Neste senso, outra novidade respecto das anteriores convocatorias é que a devandita solicitude non se presenta como tal a través do procedemento PR004A, senón que se elaborará a través da aplicación web dispoñible no Portal da Lingua Galega.
As bases completas, así como o a guía do procedemento de participación, poderán consultarse no Portal da Lingua Galega. Ademais, as persoas interesadas poderán dirixir as súas dúbidas e consultas ao teléfono 687 041 884 ou ao correo electrónico tcr-galego@xunta.gal.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Recuncho Gamer e a asociación PuntoGal colaborarán na elaboración dun glosario de termos en galego relacionados cos videoxogos

A asociación PuntoGal e Recuncho Gamer asinaron un convenio de colaboración para elaborar o Dicionario Gamer, un glosario de termos dos videoxogos no que se explicarán nun vídeo palabras relacionadas co mundo do xogos.
Fonte: Código Cero
Os tres centros de Estudos Galegos da Xunta en Portugal unen forzas para impulsar as relacións culturais

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación do volume Galiza e(m) nós. Estudos para a comprensão do relacionamento cultural galego-português, unha iniciativa levada a cabo polos tres centros da Rede de Centros de Estudos Galegos da Xunta activos en Portugal.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O Concello de Vigo organiza un concurso de creación de xogos de mesa en galego

O Concello de Vigo organiza o certame "Xoga en galego", un concurso de creación de xogos de mesa en galego destinado ao público infantil e familiar para o que se establecen dúas categorías: unha para participantes a título individual ou grupos informais, e outra para grupos formais (escolas, asociacións...).
Fonte: Consello da Cultura Galega
Preséntase unha nova edición do certame "Ben veñas, maio" para fomentar a creatividade e o uso do galego entre a mocidade
O Concello de Pontevedra e a Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización da Lingua Galega dos IES e CIFP de Pontevedra organizan "Ben veñas, maio", un certame que ten como obxectivo impulsar a creatividade e o uso do galego entre a xente nova.
Fonte: Concello de Pontevedra
Boletín
Subscríbase ao boletín