Galicia
A Xunta inaugura en Valdeorras ‘Compromiso na distancia’, a mostra itinerante das letras galegas que percorrerá 10 localidades ata decembro
O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou en Vilamartín de Valdeorras na inauguración da exposición itinerante Compromiso na distancia, unha das iniciativas enmarcadas na programación especial das Letras Galegas 2022 que levará o legado de Florencio Delgado Gurriarán por 10 localidades galegas ata decembro.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Xunta e Renfe celebran o Día das Letras Galegas coa imaxe de Florencio Delgado Gurriarán nos trens de media distancia e Avant
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, xunto co xerente e o xefe de área comercial do Servizo Público de Renfe en Galicia, Javier Pérez e Alberto Martínez, respectivamente, presentaron as accións acordadas para a promoción da figura de Florencio Delgado Gurriarán, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas neste 2022.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Consellería de Cultura, Educación e Universidade convoca axudas para o libro galego

Esta convocatoria de axudas vai dirixida tanto á tradución para outras linguas de obras publicadas orixinariamente en galego como á tradución para o galego de obras publicadas orixinariamente noutras linguas.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Ponse en marcha unha campaña para promover o uso da lingua galega en internet

A Asociación de Medios en Galego, en colaboración con Dinahosting e PuntoGal, premiarán os usuarios que se subscriban ás publicacións participantes coa posibilidade de conseguir un dominio .gal e un aloxamento web para ese dominio durante un ano enteiro de xeito gratuíto.
Fonte: Código Cero
A Xunta entrega os premios ‘Lingua de namorar’ para a dinamización do galego entre a mocidade
O Pazo de San Roque acolleu a entrega de premios anual do certame literario en liña Lingua de namorar, impulsado polas consellerías de Cultura, Educación e Universidade e de Política Social, para fomentar a lingua galega nas relacións entre iguais, nomeadamente a través das tecnoloxías da comunicación, e da transmisión do afecto entre a mocidade.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Xunta convoca para maio e xuño as primeiras probas Celga do ano con máis de 2000 matriculados

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou as datas de realización das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, Celga 1, 2, 3 e 4, en Santiago de Compostela e Ponferrada.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Nace un novo proxecto editorial en galego centrado no activismo
«13 editora» é o nome da editorial que acaba de nacer en Vigo, un novo selo especializado en textos centrados no activismo e nos procesos de construción de contrapoder.
Fonte: Xornal de Vigo e Comarcas
A Xunta e Galaxia inauguran a exposición ao redor das Letras Galegas ‘Florencio Delgado Gurriarán. Bebedeira de ensoños’

O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiron á inauguración da exposición «Florencio Delgado Gurriarán. Bebedeira de ensoños» no Teatro Lauro Olmo do Barco de Valdeorras.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O Centro Autonómico de Formación e Innovación difunde no profesorado a figura de Florencio Delgado Gurriarán
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI) na Xornada do Día das Letras Galegas, destinada a darlle a coñecer ao profesorado de Primaria e Secundaria aspectos vitais e literarios do autor homenaxeado este ano, Florencio Delgado Gurriarán.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O alumnado de primaria de Redondela participa nunha actividade didáctica sobre o galego
O alumnado de primaria dos centros educativos redondeláns participará nos obradoiros “Camiños da Lingua” que se impartirán o 12 de maio. Trátase dunha actividade didáctica, lúdica e participativa que busca ensinarlle diferentes aspectos relacionados co galego (vocabulario, cantigas, refráns etc.).
Fonte: Faro de Vigo
Boletín
Subscríbase ao boletín