Galicia

A Xunta e a Fundación Otero Pedrayo entregan os galardóns do seu novo premio para estudantes da ESO e Bacharelato

Coincidindo co 134 aniversario do nacemento de Ramón Otero Pedrayo, a Xunta de Galicia e a Fundación dedicada ao autor celebraron a entrega dos galardóns do primeiro premio anual Otero Pedrayo para estudantes da ESO e Bacharelato destinado a contribuír ao coñecemento da personalidade dun dos membros clave do Grupo Nós e perpetuar así a súa memoria e obra entre a mocidade.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Fundación Antonio Fraguas convoca a XII edición do seu proxecto didáctico co apoio da Xunta

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o presidente da Fundación Antonio Fraguas Fraguas, Justo Beramendi, presentaron a XII edición do Proxecto Didáctico Antonio Fraguas Fraguas.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

O Concello de Vigo organiza un obradoiro de recollida da tradición oral galega

O Concello de Vigo, en colaboración coa A.C.F. O Fiadeiro, organiza ao longo do mes de marzo un obradoiro de recollida de patrimonio oral, centrado na música popular galega.

Fonte: Consello da Cultura Galega

A Mesa pola Normalización Lingüística lanza un xogo en liña para fomentar o uso do galego

Pensatermos é un xogo gratuíto en liña que ten como obxectivo fomentar o uso do galego nas redes sociais e que ten a súa base na versión catalá Pauralògic. Consiste en formar palabras dun máximo de sete letras e un mínimo tres, unha delas de uso obrigatorio.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Condetrespés e o Centro Dramático Galego estrean ‘Rastros’ en Santiago no marco da programación da Xunta na Rede Galega de Teatros e Auditorios

O Centro Dramático Galego (CDG) estrea no Teatro Principal de Santiago de Compostela a coprodución Rastros, da compañía Condetrespés, no marco da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios impulsada pola Xunta en colaboración co Concello.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Publícanse quince novos capítulos do Dicionario da ciencia para fomentar un uso correcto do galego neste ámbito

O Dicionario da ciencia, publicado por GCiencia e a Secretaría Xeral de Política Lingüística, é un recurso audiovisual cuxo obxectivo é achegar conceptos científicos ao público e promover o uso correcto do galego no ámbito científico.

Fonte: Consello da Cultura Galega

A Xunta promove coas Residencias Artísticas do Gaiás 25 proxectos de vangarda e anuncia unha convocatoria para sumar novos colectivos

A Xunta deu a coñecer o programa de Residencias Artísticas do Gaiás deste ano (REGA 22) que se desenvolverá na Cidade da Cultura co obxectivo de apoiar o talento e dar visibilidade á creación contemporánea, tanto galega como internacional.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Xunta e o Cable Inglés presentan a serie documental “Museo a Ceo aberto”

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación da serie documental Museo a ceo aberto, realizada pola cooperativa O Cable Inglés ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21-22.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Xunta únese á homenaxe polo 41 aniversario do pasamento do mindoniense Álvaro Cunqueiro

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou nos actos que o Concello de Mondoñedo e a Casa Museo Álvaro Cunqueiro organizaron para homenaxear ao escritor mindoniense no 41 aniversario do seu pasamento.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Real Academia Galega publica os traballos presentados no seu último Seminario de Onomástica

Estudos de Onomástica Galega VI. A onomástica e o Camiño de Santiago é o título dun volume publicado pola RAG no que se inclúen os traballos presentados no seu último Seminario de Onomástica.

Fonte: Culturagalega.org

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder