Galicia

A Universidade de Santiago convoca o II Concurso de vídeos divulgativos en galego de química sostible

Pode participar neste Concurso de vídeos divulgativos en galego de química sostible  calquera membro da Universidade de Santiago, a través dun vídeo en galego, dun máximo de 3 minutos de duración.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Convócanse as probas de competencias clave entre as que figura a comunicación en lingua galega

A Xunta de Galicia convoca probas de avaliación en competencias clave para acceder ás accións formativas dos novos certificados de profesionalidade dos niveis 2 e 3, entre as que se require a comunicación en lingua galega.

Fonte: Consello da Cultura Galega

O Concello de Ames convoca unha nova edición do seu certame literario para promover a creatividade en lingua galega

O certame literario do Concello de Ames ten como obxectivo fomentar a creatividade en lingua galega. Poderanse presentar ao concurso textos inéditos (narrativos ou poéticos), de tema libre e escritos en galego.

Fonte: Consello da Cultura Galega

O Concello de Santiago de Compostela organiza dous obradoiros de acollemento lingüístico

Estes dous obradoiros de acollemento lingüístico están dirixidos principalmente a persoas adultas procedentes doutras comunidades lingüísticas ou calquera que desexe iniciarse na aprendizaxe do galego.

Fonte: Consello da Cultura Galega

A Universidade de Santiago convoca unha nova edición do Premio Luís Porteiro Garea a prol da normalización do galego

A Universidade de Santiago convocou a quinta edición do Premio Luís Porteiro Garea co que se recoñecerá a iniciativa, o traballo e a traxectoria presente e pasada a prol da normalización do galego na universidade.

Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

A Universidade de Santiago reinicia en febreiro o seu programa de andainas lingüísticas

O Centro de Linguas Modernas retoma o seu programa de andainas lingüísticas, unha iniciativa que ten como obxectivo que as persoas participantes melloren as súas competencias orais noutras linguas ao tempo que practican unha actividade saudable ao aire libre.

Fonte: Universidade de Santiago de Compotela

A Xunta pon en marcha a undécima edición do certame ‘Lingua de namorar’

A directora xeral Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentaron unha nova edición do certame “Lingua de namorar”, concurso de declaracións de amor en galego para dinamizar o seu uso entre a mocidade, nas súas relacións persoais e en internet.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Xunta convoca as novas edicións dos seus premios de literatura dramática cunha dotación global de 26 000 euros

O Diario Oficial de Galicia publica as bases das novas edicións dos tres premios de literatura dramática que a Xunta de Galicia convoca con periodicidade bienal: XXVI Álvaro Cunqueiro para textos teatrais, XII Manuel María de Literatura Dramática Infantil e XV Barriga Verde de textos para teatro de monicreques nas súas modalidades de público infantil e adulto.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Xunta abre o prazo de inscrición para os cursos preparatorios das probas Celga en lingua galega

A Xunta de Galicia vén de lanzar a convocatoria para participar nos cursos gratuítos preparatorios das probas Celga de formación en lingua galega para os catro niveis establecidos e que, desta vez, volve combinar a preparación presencial e en liña co fin de facilitar o acceso ao coñecemento do galego a todas aquelas persoas interesadas.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Valentín García visita o mural co que a artista Maru Godás homenaxea a figura de Rosalía de Castro

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, visitou o mural que a artista e directora de Compostela Ilustrada, Maru Godás, estivo a realizar no Mercado de Abastos de Santiago de Compostela.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder