Galicia
A Xunta festexa con música e poesía o Día Europeo das Linguas

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou a programación organizada pola Xunta de Galicia e Nordesía Producións para festexar o domingo 25 de setembro o Día Europeo das Linguas dentro do festival Maré, Músicas e Artes Atlánticas 2022 e nos concertos do Xacobeo 21-22.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Valentín García inaugura as xornadas ‘Mar por medio’, que congregan a máis dun cento de especialistas para reflexionar sobre o Camiño
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na inauguración das Xornadas Xacobeas Mar por medio, o Camiño do Século XXI, organizadas pola Academia Xacobea co apoio da Xunta en Ribadeo.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Xunta participa en Varsovia na inauguración da XIII edición do Congreso da Asociación Internacional de Estudos Galegos

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na Facultade de Linguas Modernas da Universidade de Varsovia no acto de inauguración do XIII Congreso da Asociación Internacional de Estudos Galegos (AIEG) Abrindo rutas, expandindo camiños. Novas perspectivas e interseccións nos estudos galegos.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O FICBUEU presenta o seu terceiro Caderno dedicado ás curtametraxes creadas na Escola Oficial de Cinematografía de España co apoio da Xunta
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou en Bueu na presentación do Caderno FICBUEU#3, un volume que baixo o título As prácticas do Instituto de Investigacións e Experiencias Cinematográficas e a Escola Oficial de Cinematografía como primordio dun novo cinema español (1947-76) recolle a historia das curtametraxes creadas nesta institución académica que marcou a semente dunha nova xeración de cineastas.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Dúas adegas resultan premiadas pola súa aposta polo uso do galego

Adega Terras de Bendaña e Adegas Celme recibiron os premios Bacelos de Prata pola súa etiquetaxe e defensa da lingua galega, uns galardóns que chegan así á súa 14ª edición para recoñecer o labor de empresas que apostan polo galego como marca de calidade dos seus produtos.
Fonte: Galicia Confidencial
Convócase a cuarta edición dos Premios Mil Primaveras para proxectos de fomento da lingua galega
A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) convoca unha nova edición dos Premios Mil Primaveras destinados ao recoñecemento de proxectos de posta en valor e fomento do galego.
Fonte: Premios Mil Primaveras
Ábrese o prazo de inscrición para participar na segunda edición dos Premios #DígochoEu

Ata o 28 de outubro permanecerá aberto o prazo para participar na segunda edición destes galardóns aos que poden presentarse centros educativos de Educación Primaria e Secundaria de Galicia, así como de fóra que impartan a lingua galega.
Fonte: Galicia Confidencial
A Universidade de Santiago organiza unha nova edición do curso de habilidades comunicativas
O curso de habilidades comunicativas está dividido en tres módulos centrados na redacción científica, falar en público e presentacións dixitais eficientes de 25 horas de duración cada un.
A Xunta de Galicia asina catro convenios para impulsar a formación en galego en universidades de Alemaña e Polonia

A Xunta destina 228 177 euros á sinatura de catro convenios para apoiar a docencia, a investigación e a promoción da lingua, a literatura e a cultura galegas nos centros de estudos galegos de universidades de Alemaña e Polonia.
Fonte: Galicia en el Mundo
A serie ‘Dalia, a modista’ salta da televisión á novela coa adaptación da escritora Noe Martínez e o apoio da Xunta

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na Cidade da Cultura na presentación da novela galega Dalia, a modista, onde sinalou “a importancia de que a literatura galega se incorpore a unha das tendencia emerxente nestes momentos, como son as novelas e os relatos literarios xurdidos a partir das series televisivas de éxito”.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Boletín
Subscríbase ao boletín