Galicia

A mostra da Xunta en homenaxe a Xela Arias "Asinamos ser libres" chega á Coruña

Os secretarios xerais de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e de Política Lingüística, Valentín García, inauguraron na Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés, xestionada pola Xunta, a exposición itinerante Asinamos ser libres, unha homenaxe a Xela Arias no marco das Letras Galegas 2021.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Xunta súmase á celebración polo 20º aniversario do Día Europeo das Linguas

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na rolda de prensa de presentación da programación polo 20º aniversario do Día Europeo das Linguas, un día dedicado a celebrar e promover o plurilingüismo en toda Europa.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

As redes sociais lanzan unha petición en favor de máis contidos audiovisuais en galego na plataforma Netflix

Desde as redes sociais denuncian que, das máis de 4000 series que ofrece Netflix, tan só unha está en galego: O sabor das margaridas. Por este motivo, demandan a dobraxe ao galego das principais ficcións desta plataforma e que se inclúa esta lingua na nova Lei do audiovisual que prepara o Goberno.

Fonte: Galicia Confidencial

O IES de Arzúa elabora un documental sobre a situación do galego no ámbito da educación secundaria e a mocidade

O documental 2021, 40 anos despois, de 47 minutos de duración, ofrece as reflexións do alumnado do IES de Arzúa sobre o uso e o futuro do galego nun contexto no que a maioría son galegofalantes.

Fonte: Praza

Preséntase o último capítulo da serie Conseguiremos, unha produción audiovisual para darlle voz á mocidade que crea en lingua galega

A psiquiatra Iria Veiga e o xenetista Ángel Carracedo pechan a serie Conseguiremos, unha produción audiovisual que forma parte do proxecto “Novas voces para a lingua” impulsado pola Real Academia Galega e a Universidade de Santiago de Compostela.

Fonte: Real Academia Galega

O vídeo dunha nena tentando falar con Siri en galego faise viral

O vídeo dunha nena tentando comunicarse en galego con Siri, que se fixo viral a través da rede social Twitter, serviu para reavivar o debate sobre o uso desta lingua entre a mocidade e nas novas tecnoloxías.

Fonte: Galicia Confidencial

O documental “Cantos na Maré” recolle os 16 anos da historia deste festival co que colabora a Xunta de Galicia

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación do documental “Cantos na Maré”, unha iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais da Xunta de Galicia que recolle a historia e a traxectoria do festival internacional de música lusófona.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

O Plan de dinamización da lingua galega no tecido económico impulsou máis de 100 actuacións

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, defendeu no Parlamento o balance do Plan de dinamización da lingua galega no tecido económico 2016-2020 que supuxo a posta en marcha de máis de 100 actuacións a prol do galego no sector económico e que terá continuidade nos vindeiros anos.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

O Concello de Ames organiza a I Ruta do Apego para estimular na infancia o coñecemento do patrimonio natural, cultural e lingüístico

A I Ruta do Apego de Ames é un itinerario deseñado para que as nenas e os nenos coñezan o seu patrimonio natural, cultural e lingüístico a través do xogo.

Fonte: Concello de Ames

A exposición 'Próxima Parada' réndelles homenaxe ás mulleres peregrinas e ao comercio local co apoio da Xunta

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación oficial da mostra “Próxima Parada. As peregrinas toman a cidade”, unha exposición viva na que as esculturas de peregrinas de Álvaro de la Vega toman os escaparates de 12 establecementos da zona histórica de Santiago de Compostela.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder