Galicia
O Concello do Grove pon en marcha actividades para fomentar o uso do galego entre a mocidade da vila

O Concello do Grove promoverá ata finais de outubro, en colaboración con dous centros de secundaria do municipio, o uso do galego entre a xente nova por medio do programa de dinamización lingüística “Bicos con lingua. Unidade didáctica”.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O Concello de Outes organiza unha iniciativa para fomentar o uso do galego a través do comercio local

Co lema “Outes, en galego!”, o Concello puxo en marcha unha iniciativa que ten como obxectivo impulsar o galego a través do comercio local, de maneira que se converta na lingua de uso habitual nos establecementos comerciais.
Fonte: La Voz de Galicia
A Universidade de Santiago de Compostela organiza un obradoiro de podcast en galego

A Facultade de Ciencias da Comunicación acolle un obradoiro de podcast, de 15 horas de duración, dirixido a toda a comunidade universitaria co obxectivo de fomentar a creación de contidos dixitais en lingua galega.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O noveno número da revista ‘Olga’ réndelle tributo á poesía estradense co apoio da Xunta
O secretario xeral de Política Lingüística da Xunta, Valentín García, participou na Estrada na presentación da novena edición de Olga. Revista de Poesía Galega en Madrid.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Unha colección infantil ofrece un libro de historias dos Rolling Stones e outro dos Beatles en galego para os máis cativos
A colección "Little Neno descobre a..." pretende fomentar a lingua galega, así como a cultura musical da rapazada de entre 2 e 12 anos.
Fonte: Galicia Confidencial
Xunta e Editorial Galaxia impulsan unha nova edición de 'Maxina ou a filla espuria', a primeira novela galega moderna
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación da nova edición de Maxina ou a filla espuria, a que está considerada como a primeira novela galega moderna e que se reedita co apoio da Xunta.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Universidade de Vigo convoca as axudas para redactar e defender en galego teses de doutoramento
A Universidade de Vigo convoca as axudas para redactar e defender en galego teses de doutoramento, así como os premios á calidade lingüística nos TFG e TFM co obxectivo de aumentar o uso desta lingua nas tarefas investigadoras e premiar o esforzo e o rigor de lle dar un tratamento coidado ao idioma.
Fonte: Universidade de Vigo
Vigo acolle un encontro sobre a relación entre videoxogos, literatura e lingua galega

A terceira edición das xornadas Videoxogos e Literatura, organizadas pola Fundación Carlos Casares, abordou a relación entre as novas tecnoloxías da creación, a comunicación e o entretemento, e os desafíos que supoñen para a lingua galega.
Fonte: Real Academia Galega
Os centros universitarios da rede de lectorados da Xunta incorporan novo profesorado

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, mantivo unha reunión de coordinación co novo profesorado-lector que se incorpora aos centros universitarios dependentes da Rede de Lectorados da Xunta de Galicia neste curso académico 2021-2022.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Un portal creado nas redes sociais fai visible a parte máis descoñecida dos Ancares co apoio da Xunta

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación do proxecto O Argueiro dos Ancares, un portal creado nas redes sociais de Facebook e Instagram por unha veciña de Navia de Suarna e que conta co apoio da Xunta de Galicia para visibilizar a xente que mantén vivo o territorio dos Ancares e a parte máis descoñecida da comarca.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Boletín
Subscríbase ao boletín