Galicia
Valentín García asiste ao concerto que a Banda de Música Municipal da Estrada presenta ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21-22
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, acudiu ao concerto “A Rapa das Bestas” que a Banda de Música Municipal da Estrada realizou ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21-22.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Balea Vermella e PuntoGal asinan un convenio de colaboración para ofrecer ciencia en galego en Twitch

A canle de divulgación científica Balea Vermella e PuntoGal asinaron un convenio de colaboración polo que a entidade que xestiona o dominio galego patrocinará o programa semanal en Twitch no que ofrecen ciencia en lingua galega.
Fonte: Galicia Confidencial
O Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo da Xunta impulsa un foro sobre o papel dos dj's na música galega

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou xunto ao xornalista musical e DJ Carlos Crespo o I Foro sobre o papel dos disc-jóckeys na difusión da música galega, unha iniciativa que xurde ao amparo do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo da Xunta.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Moaña acolle unha nova exposición sobre a obra do poeta Bernardino Graña co apoio da Xunta
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participa no mercado de Moaña no acto inaugural da exposición documental Bernardino Graña, o home que quixo vivir. A mostra, que toma como protagonista ao escritor cangués, está organizada polo cineasta Xan Leira e conta coa colaboración da Xunta de Galicia e dos concellos de Cangas, Moaña e Nigrán.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Resólvense as axudas a concellos para a promoción do galego convocadas pola Deputación de Pontevedra
A Deputación de Pontevedra resolveu as axudas aos concellos da provincia para a creación e mantemento de servizos de normalización lingüística, así como para o desenvolvemento de actividades de dinamización e promoción do galego.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A Universidade de Santiago convoca os XVII Premios á calidade lingüística en galego
Os Premios á calidade lingüística en galego teñen como obxectivo impulsar o uso desta lingua ligada á calidade formal na elaboración e defensa dos traballos académicos do alumnado.
A Xunta concede axudas á edición de máis de medio cento de recursos didácticos curriculares en galego

A Xunta de Galicia vén de conceder as axudas á edición de recursos didácticos curriculares en galego, destinadas a un total de 55 proxectos de empresas do sector editorial. A convocatoria está dotada con 200 000 euros para impulsar o uso do galego no ensino regrado non universitario.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O Carballo Interplay presenta os proxectos candidatos ao premio para series en galego

Un dos obxectivos do Carballo Interplay é fomentar a creación dixital en galego, para o que conta cun premio específico para proxectos de serie nesta lingua cuxo gañador recibirá 3000 euros para a creación dos tres primeiros capítulos. Este ano as candidatas son estas catro comedias: Pulp Air, Pringadas, Non son a túa avoa e Trela, Clínica de suicidios.
Fonte: Código Cero
Convócase unha nova edición do Premio Xornalístico Manuel Reimóndez Portela para traballos publicados en lingua galega
A Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada convoca a 26ª edición do Premio Xornalístico Manuel Reimóndez Portela, que recibirá o mellor traballo ou serie de traballos publicados en galego en calquera medio de comunicación escrito.
Fonte: Faro de Vigo
Tres cancións en galego figuran entre as preseleccionadas para representar a España na edición de Eurovisión do ano 2022

Na preselección das cen candidaturas para representar a España en Eurovisión no ano 2022 figuran catro galegas: Sen Senra, Baiuca, Verto e Tanxugueiras. Os dous últimos interpretan as súas cancións en galego, mentres que no caso de Baiuca, o seu tema mestura esta lingua co castelán.
Fonte: Faro de Vigo
Boletín
Subscríbase ao boletín