Galicia

O presidente da Xunta e Víctor Freixanes avalían as liñas de colaboración para seguir traballando a prol da lingua e a súa difusión

O responsable do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, e o presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes, avaliaron as liñas de colaboración para seguir traballando a prol da lingua e a súa difusión. Durante a xuntanza, ambos coincidiron na necesidade de seguir fomentando o uso do galego entre a xuventude e nas empresas.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Anxo M. Lorenzo destaca o papel divulgador e normalizador do "Atlas Lingüístico de Galicia"

O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, participou na Coruña no acto de presentación do novo volume da Biblioteca Filolóxica Galega, integrada por traballos do Instituto da Lingua Galega e publicada pola Fundación Barrié e a Universidade de Santiago de Compostela co apoio da Xunta.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Casa Rosalía concede a Rosa de Galicia a título póstumo a Xosé Ramón Barreiro

A Fundación Rosalía rendeulle homenaxe a Xosé Ramón Barreiro Fernández concedéndolle a Rosa de Galicia a título póstumo. O recoñecemento ao académico, presidente da Real Academia Galega durante unha década, tivo lugar no marco da celebración dos cincuenta anos da apertura da Casa da Matanza como museo da escritora.

Fonte: Real Academia Galega

A Xunta apoia o sector editorial galego cunha axuda de 200 000 € para gastos de edición, distribución e comercialización das súas publicacións

A Xunta de Galicia vén de convocar unha liña de axudas dotada con 200 000 euros dirixida ao sector editorial galego co obxectivo de impulsar a distribución das obras editadas e, deste xeito, facilitar que cheguen ao público lector.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Demándase un mínimo de contidos en galego na programación audiovisual de plataformas dixitais e TVE

A Mesa pola Normalización Lingüística e entidades culturais e educativas presentaron a campaña "Queremos galego no audiovisual" coa que se dá inicio á segunda fase da Iniciativa Xabarín para garantir unha presenza equitativa do galego no proxecto de lei xeral de comunicación audiovisual que verá a luz nos próximos meses.

Fonte: Nós Diario

Un total de 85 concellos benefíciase das axudas da Xunta para promover o galego desde o ámbito local

Un total de 85 concellos de toda Galicia benefíciase das axudas da Xunta para a promoción do uso da lingua galega. O Goberno galego, a través da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, destina unha partida de 350 000 euros a esta acción.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

 

O concurso "Contádenos o voso Día das Letras" amosa o traballo arredor de Xela Arias de cento vinte e cinco colexios

Cento vinte e cinco centros educativos de toda Galicia participaron na última edición do concurso "Contádenos o voso Día das Letras", convocado pola Real Academia Galega ao abeiro do proxecto Primavera das Letras.

Fonte: Real Academia Galega

A Xunta renova o apoio a Culturgal para contribuír á recuperación da súa esencia como feira

Culturgal presentou un avance das principais liñas arredor das que desenvolverá a súa edición de 2021, que terá lugar do 26 ao 28 de novembro no Pazo da Cultura de Pontevedra e para a que volverá contar co apoio económico da Xunta de Galicia como principal entidade patrocinadora. 

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Valentín García inaugura a exposición que Xosé L. Seara presenta ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na inauguración da exposición de pintura, debuxo e cerámica Camiño Longo, do pontevedrés Xosé Luís Seara. No acto, que incluíu unha visita guiada, interviñeron tamén Tino Cordal, concelleiro de Cultura de Cambados, e o propio artista.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil selecciona 17 libros en galego

A Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil (Oepli) seleccionou 17 títulos en galego do seu catálogo anual de literatura e banda deseñada.

Fonte: Cultura galega

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder