Galicia

Publícase a resolución pola que se conceden axudas para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares

O Diario Oficial de Galicia do 17 de agosto de 2021 publicou a resolución da Secretaría Xeral de Política Lingüística pola que se conceden subvencións para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares para niveis non universitarios.

Fonte: DOG

O Concello de Santiago convoca un premio literario para obras escritas en lingua galega

O Concello compostelán anunciou a convocatoria dun premio e dous accésits para obras literarias en galego, de narrativa, poesía, teatro e ensaio. O obxectivo deste certame é incrementar a presenza da cidade na literatura escrita nesta lingua, xa que os textos deberán ter Santiago como marco ou referencia fundamental da obra.

Fonte: El Correo Gallego

A Xunta convoca os cursos gratuítos de certificados de lingua galega, Celga, e de linguaxe administrativa galega nas escolas oficiais de idiomas

A Xunta de Galicia vén de convocar novos cursos preparatorios para as probas de acreditación da certificación de lingua galega (Celga), así como de linguaxe administrativa galega de nivel medio e superior en liña que se impartirán entre outubro deste ano e maio de 2022 nas Escolas Oficiais de Idiomas de Galicia (EOI) das sete cidades.

Fonte: Xunta de Galicia

A Xunta concede as axudas para o libro galego dirixidas á tradución de 132 proxectos impulsados por 33 entidades

A Xunta de Galicia vén de conceder axudas para o libro galego, dirixidas á tradución, a 132 proxectos impulsados por un total de 33 entidades. Este ano esta convocatoria pasa a sufragar os gastos de tradución, cun orzamento de 200 000 €. A maiores, o pasado 2 de xullo convocouse outra liña de subvencións dirixidas á edición, comercialización e distribución do libro, tamén cun orzamento de 200 000 €.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Lalín acolleu a gala de entrega dos Premios Alecrín na que se destacou a relevancia do galego en Cataluña

Os Premios Alecrín de Ouro 2021, que concede a Federación Galega de Entidades Culturais de Cataluña (Fegalcat), distinguen persoas ou proxectos destacados en diferentes ámbitos da cultura galega. Na gala de entrega deste ano, celebrada en Lalín, salientouse que o galego é a terceira lingua máis falada en Cataluña, despois do catalán e o castelán.

Fonte: Faro de Vigo

Increméntanse en Galicia as queixas por vulneración de dereitos lingüísticos presentadas á Valedora do Pobo

O número de queixas por vulneración de dereitos lingüísticos que recibiu a Valedora do Pobo duplicouse en 2020, ao pasar de 48 a 96, das que admitiu 76, mentres que rexeitou once e remitiu nove ao Defensor del Pueblo.

Fonte: Nós Diario

A Deputación da Coruña destina 100 000 euros á promoción do cine en galego

A Deputación da Coruña, co obxectivo de impulsar a distribución de cine en galego, proxectará oito filmes, entre os que figuran A virxe roxa de Marcos Nine, Nación de Margarita Ledo ou Negro púrpura de Sabela Iglesias e Adriana P. Villanueva.

Fonte: Deputación da Coruña

Retranca Editora lanza a versión en galego da BD Subnormal

Retranca Editora acaba de publicar a versión en galego de Subnormal, unha novela gráfica que conta a historia real do acoso sufrido polo xogador de baloncesto Iñaki Zubizarreta.

Fonte: CulturaGalega

Rianxo acolle a primeira ruta interactiva no marco do proxecto Apego de fomento da transmisión familiar do galego

O Concello de Rianxo acollerá a primeira ruta interactiva do programa Apego, que ten como obxectivo impulsar a transmisión do galego como lingua inicial. A ruta conta con contidos educativos que se poderán consultar a través dun dispositivo móbil, así como un espazo de promoción do turismo e do lecer familiar na vila.

Fonte: Código Cero

A Xunta incide no valor paisaxístico, cultural e lingüístico da Ribeira Sacra co audiovisual ‘A Verba Viva’

A Xunta de Galicia incide no valor paisaxístico, cultural e lingüístico da Ribeira Sacra por medio do documental audiovisual A verba viva, que presentou o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, acompañado pola directora da peza, Lorena Gallardo.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder