Galicia
Andrea Maceiras gaña o Raíña Lupa de literatura infantil e xuvenil
A profesora Andrea Maceiras foi galardoada co premio Raíña Lupa de literatura infantil e xuvenil, convocado pola Deputación da Coruña, coa novela Que se me pare o corazón se te esquezo, sobre as tensións das redes sociais na mocidade.
Fonte: Cultura galega
A Xunta súmase en Barcelona á conmemoración do 30º aniversario de Fegalcat
A Xunta de Galicia, representada no secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, sumouse en Barcelona aos actos de conmemoración do 30° aniversario da Federación de Entidades Culturais Galegas en Catalunya (Fegalcat), que se abriron cunha ofrenda floral ao pé do busto de Rosalía de Castro que loce na praza Padrón de Mollet del Vallès.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Valentín García participa nun encontro cos participantes do Festival USCénica
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, mantivo un encontro cos participantes no festival de artes escénicas da Universidade de Santiago de Compostela USCénica. No encontro participaron tamén o reitor da devandita Universidade, Antonio López, e a vicerreitora de Igualdade, Cristina López.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Casa-Museo de Rosalía de Castro celebra os seus 50 anos coa estrea da súa visita virtual

A Casa-Museo de Rosalía de Castro en Padrón e a Fundación Rosalía de Castro estrean a visita virtual ao museo para celebrar os 50 anos da súa apertura.
Fonte: Cultura galega
A oposición esixe explicacións á Xunta por obviar os criterios de pronuncia nas probas do Celga 4
O deputado do BNG, Manuel Lourenzo, pediu explicacións á Secretaría Xeral de Política Lingüística “por pedir ao corpo avaliador do Celga 4 que obviara os criterios de pronuncia e entoación no caso de candidatos de fóra de Galicia”.
Fonte: Nós Diario
A obra 'A lingua das bolboretas' lidera as nominacións para os premios María Casares
A peza teatral A lingua das bolboretas de Sarabela Teatro lidera con oito finalistas as nominacións para a XXV edición dos premios María Casares que se entregarán o 9 de setembro no Teatro Rosalía de Castro da Coruña.
Fonte: Quincemil
O ensaio gañador do premio Ramón Piñeiro 2020 analiza a utilización do folclore polo franquismo
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou este mediodía, no Pazo de San Roque, na presentación da obra De imperios e danzas: as Españas plurais do franquismo, coa que Xosé Manuel Núñez Seixas se fixo o pasado decembro co Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2020, convocado pola Xunta de Galicia e a Editorial Galaxia co apoio de Caixa Rural Galega.
Fonte: Xunta de Galicia
O programa da Xunta '21 días co galego e +' promoveu a dinamización da lingua en máis de 9000 escolares e 24 centros desde a súa posta en marcha

O programa de promoción do uso do galego promovido pola Xunta “21 días co galego e +” contou coa participación de máis de 9000 alumnos de 24 centros educativos nos tres cursos nos que leva implantado no sistema educativo galego, demostrando así o compromiso do Goberno autonómico cun modelo lingüístico que garante a competencia e o uso da lingua galega en todos os ámbitos e desde a xeracións máis novas.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O catedrático Antonio Rigueiro Rodríguez recibirá o IV Premio Luís Porteiro Garea á promoción e uso do galego
Antonio Rigueiro Rodríguez, catedrático no Departamento de Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría, é o gañador do IV Premio Luís Porteiro Garea á promoción e uso do galego na Universidade de Santiago.
A Xunta colabora no regreso aos escenarios da banda de rock galego Os Resentidos

A Xunta de Galicia colabora cos Resentidos no regreso aos escenarios da ecléctica banda de rock galego case 30 anos despois. O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na rolda de prensa de presentación do primeiro concerto da xira Operación Nautilus, que acolle o sábado, 10 de xullo, a praza do Curro de Portosín.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Boletín
Subscríbase ao boletín