Galicia
Valentín García participa na inauguración da Mostra bibliográfica de Ricardo Carvalho Calero
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto de inauguración da exposición “Carvalho Calero. Mostra Bibliográfica”, que se celebrou na sede de Afundación.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Florencio Delgado Gurriarán será o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas do ano 2022

O Pleno da Real Academia Galega acordou renderlle homenaxe o ano que vén a Florencio Delgado Gurriarán, cuxo labor literario e activismo político e cultural constitúen un dos capítulos máis destacados das letras galegas da diáspora.
Fonte: Real Academia Galega
A Asociación Socio-Pedagóxica Galega convoca a vixésima edición do concurso de relato oral "Tíralle da lingua"

O concurso de relato oral "Tíralle da lingua", dirixido ao alumnado e ao profesorado dos distintos niveis educativos, ten como obxectivo promover e normalizar o uso oral do galego. Os participantes poderán contar nesta lingua historias de base popular, de base literaria ou de creación propia.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Valentín García acompaña a Beatriz G. Turnes na presentación de 'Esta noite hei de ir a verte'
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, acompañou a profesora, investigadora e escritora Beatriz G. Turnes no acto de presentación do libro Esta noite hei de ir a verte, a terceira novela destinada ao público xuvenil que dá ao prelo a autora compostelá baixo o selo Costa Oeste da Editorial Galaxia.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Xunta entrega os premios de Lingua de Namorar, o concurso de mensaxes de amor en galego

O Pazo de San Roque acolleu a entrega de premios da X edición de Lingua de Namorar, o concurso en liña de mensaxes de amor que busca dinamizar o uso da lingua galega entre a mocidade nas súas relacións persoais e nas tecnoloxías da información e da comunicación.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Xa se coñece o vídeo gañador do certame ‘Explícoche matemáticas 2.0’, que busca promover o uso do galego e estimular a creatividade do alumnado

O vídeo vencedor da novena edición do certame ‘Explícoche matemáticas 2.0’, que organiza a Universidade de Santiago, foi titulado A primeira programadora, dedicado á figura da matemática Ada Lovelace. Esta iniciativa ten como obxectivo fomentar o uso do galego como medio de transmisión das matemáticas e estimular a creatividade do alumnado cos medios audiovisuais.
O Concello de Vigo organiza unha nova edición do programa “No verán... un conto” para fomentar o uso do galego no ámbito do lecer
O Concello de Vigo organiza unha nova edición do programa “No verán... un conto”, unha iniciativa dirixida ao público infantil e familiar para fomentar o uso do galego no ámbito do lecer.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Xunta e a Fundación Repsol renovan a súa colaboración no impulso da lingua galega a través da XV edición do Premio de Narrativa Breve

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, e a directora de Relacións Externas de Fundación Repsol, Pilar Núñez, asinaron o convenio para formalizar a convocatoria da décimo quinta edición do Premio Narrativa Breve Repsol. Durante o acto estiveron acompañados polo secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e pola directora do Complexo Industrial de Repsol na Coruña, Natalia Barreiro.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Secretaría Xeral de Política Lingüística publica a segunda resolución administrativa de proxectos do Fondo Xacobeo 2021

Esta resolución administrativa contén a relación de proxectos seleccionados con carácter definitivo (que eran provisionais na primeira resolución publicada); a relación de proxectos (da primeira resolución) que causan baixa definitiva; o requirimento colectivo ás persoas titulares da lista da agarda con puntuación suficiente para cubrir as baixas definitivas; a corrección de erros de datos identificativos; e a lista de agarda actualizada.
As persoas titulares de proxectos admitidos con carácter provisional do anexo III teñen de data límite ata o luns 5/07/2021 para acreditar documentalmente que teñen persoal contratado para a execución do contrato.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Ponse en marcha unha investigación para recoñecer oficialmente a lingua de signos galega

A Deputación de Pontevedra colaborará coa Organización de Diversidade Sensorial de Galiza ‘Xoga' para realizar un traballo de investigación para recoñecer a lingua de signos galega como forma de comunicación oficial.
Fonte: Deputación de Pontevedra
Boletín
Subscríbase ao boletín