Galicia

Inma López Silva e Ana Romaní resultan gañadoras dos Premios da Crítica 2020 en narrativa e poesía en galego

Os Premios da Crítica 2020 en lingua galega recaeron nas escritoras Inma López Silva, na categoría de narrativa coa obra O libro da filla, e Ana Romaní, en poesía con A desvértebra.

Fonte: Galicia Confidencial

Entréganse os Premios Mil Primaveras a proxectos de fomento do galego

O pasado 5 de xuño celebrouse en Pontevedra o acto de entrega da segunda edición dos II Premios Mil Primaveras, uns galardóns que teñen como obxectivo a difusión e a posta en valor de proxectos de fomento do galego que, pola súa calidade, poidan servir de modelo e inspiración.

Fonte: Consello da Cultura Galega

A Xunta participa na homenaxe a Xosé Crecente Vega polo 125º aniversario do nacemento do poeta chairego

A Xunta de Galicia, representada no seu secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e no seu delegado territorial en Lugo, Javier Arias, participou no acto de homenaxe ao sacerdote, latinista e poeta chairego Xosé Crecente Vega.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

O galego está presente no Festival de Poesía de Berlín grazas aos versos de Chus Pato

Chus Pato participará na inauguración do Festival de Poesía de Berlín, e grazas aos seus poemas o galego será a única lingua do Estado español que se oirá na apertura do evento, que ten como tema central a diversidade lingüística de Europa.

Fonte: Real Academia Galega

Valentín García participa no acto de entrega de premios do Rally Científico Matemático

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade, representada no seu secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto de entrega de premios do Rally Científico Matemático 2020 e 2021, iniciativa promovida pola Igaciencia (Institución Galega de Ciencia) coa colaboración da Xunta de Galicia, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Máis de 800 centros de ensino públicos benefícianse das axudas da Xunta para o fomento do galego dotadas con 350 000 euros

O Diario Oficial de Galicia (DOG) vén de publicar a resolución de axudas aos proxectos de fomento do uso do galego dos centros de titularidade pública de Galicia que imparten ensinanzas regradas de niveis non universitarios, para o curso escolar 2020/21, convocadas o pasado mes de decembro e da que foron beneficiarios máis de 800 centros.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

O Goberno local da Coruña leva a pleno a ordenanza do galego para a súa aprobación definitiva

O Concello da Coruña vai contar por fin cunha ordenanza do galego, xa que era ata o momento a única cidade galega que non tiña unha ordenanza específica, co que dará cumprimento á lei que establece o galego como lingua oficial das entidades locais.

Fonte: Galicia Confidencial

A Xunta participa no acto conmemorativo do Día da Galeguidade Empresarial

A Xunta de Galicia, representada no seu secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto conmemorativo do Día da Galeguidade Empresarial que acolleu a Reitoría da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e que incluíu a sinatura dun acordo de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade, o Foro Enrique Peinador e Bioga (Clúster Tecnolóxico Empresarial de Ciencias da Vida) en materia de normalización e promoción do uso da lingua galega.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Preséntanse as novas edicións do certame Youtubeir@s e do Festival de Cinema Escolar Olloboi

O certame Youtubeir@s deste ano leva como lema "Magnetismo en rede" e busca fomentar a creación e o mantemento de canles de YouTube en galego. Pola súa banda, Olloboi, que ten xa na rede os traballos finalistas, renovou as categorías nesta edición para que as obras seleccionadas sexan o máis representativas posible.

Fonte: Cultura Galega

A Xunta destaca a importancia da Heráldica como signo de identidade para divulgar as peculiaridades das entidades locais

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, participou xunto coa directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, na presentación da lámina Liñaxes e armerías no reino de Galicia (séculos XIII-XVI), de Eduardo Pardo de Guevara y Valdés.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder