Galicia
Nace unha iniciativa para instar a TVG a reforzar e actualizar a súa programación infantil en galego

Trátase dunha nova conta de Twitter que, co lema “Por un contido infantil e xuvenil na TVG”, busca que a programación do Xabarín recupere a esencia da que foi a súa época dourada para que se converta nunha referencia en galego para as novas xeracións.
Fonte: Galicia Confidencial
Un proxecto de astronomía da Universidade de Santiago ofrece un mapa que amosa unha visión completa do ceo en lingua galega

Dous investigadores da USC publicaron un proxecto que consiste nun mapa que inclúe as constelacións estelares en tempo real e no que se emprega o galego tanto para os nomes dos conxuntos como para cuestións técnicas.
Fonte: Galicia Cofidencial
O Sergas emprega só o castelán nas comunicacións sobre as probas da covid-19 realizadas ao profesorado
O profesorado denunciou en medios como A Liña do Galego da Mesa pola Normalización Lingüística que o Sergas está a empregar só o castelán para as comunicacións sobre as probas da covid-19.
Unha curtametraxe galega entra na sección oficial do London Fashion Film Festival
A curtametraxe sobre moda galega Escarnio e Maldicir, dirixida polo valdeorrés Aitor Ramos Soto, foi seleccionada para participar na sección oficial do London Fashion Film Festival, un dos certames de curtas de moda máis importantes do mundo. A obra baséase nos deseños de Olaya de los Palos e inclúe tamén un poema dela en voz de Mela Casal.
Fonte: O Sil
O Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 leva á Cidade da Cultura a xornada "Mulleres e cultura urbana"
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na rolda de prensa de presentación do II festival feminista de arte urbana Delas Fest, no que se enmarca "Mulleres e cultura urbana", unha iniciativa que forma parte do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 e que se celebra en diferentes espazos do Gaiás.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A RAG solicita que a biblioteca de Emilia Pardo Bazán do Pazo de Meirás pase a ser declarada BIC
Con motivo da sentenza que obriga a familia Franco a devolver o Pazo de Meirás ao pobo galego, a Real Academia Galega solicitou que a biblioteca de Emilia Pardo Bazán, albergada no seu interior, sexa declarada Ben de Interese Cultural.
Fonte: Nós Diario
Cambados recorda os cen anos do ingreso de Cabanillas na Academia
O 31 de agosto de 1920 Ramón Cabanillas convertíase en membro da Real Academia Galega. Cen anos despois, Cambados, vila natal do poeta, lembrou aquela xornada cun acto.
Fonte: RAG
A Xunta fixa as probas de acreditación do Celga para os días 26 e 27 de setembro e 3, 4 e 10 de outubro

A Xunta de Galicia vén de fixar as datas de realización das probas de acreditación do Celga da convocatoria 2020 para os días 26 e 27 de setembro (Celga 4), 3 de outubro (Celga 2), 4 de outubro (Celga 3) e 10 de outubro (Celga 1), nas localidades de Santiago de Compostela e de Ponferrada, como vén sendo habitual.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Editorial Xerais pon en marcha unha campaña para fomentar a lectura entre o público infantil e xuvenil
A campaña "Lecturas Xerais para aprender e divertirse" ten como obxectivo animar á lectura dando a coñecer novos libros dirixidos ao público infantil e xuvenil a través de vídeos breves para publicar nas redes sociais ou enviar por WhatsApp.
Fonte: Galicia Confidencial
A Deputación de Pontevedra e a Editorial Galaxia retoman en setembro os seus obradoiros de escrita

A Escola de Letras retoma tras o verán os seus obradoiros de escrita que se desenvolverán en Vigo (na sede viguesa da Deputación) e en Pontevedra (no Pazo Provincial) entre os meses de setembro e decembro.
Fonte: Deputación de Pontevedra
Boletín
Subscríbase ao boletín