Galicia
Farruco recolle semblanzas de santiagueses singulares no seu libro ‘Eles e mais eu. Compostelaneando’
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, acompañou o coñecido actor e humorista Xosé Luís Bernal Farruco, no acto de presentación do libro Eles e mais eu. Compostelaneando, no que o persoeiro compostelán fai memoria da súa cidade a través de semblanzas de santiagueses singulares.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Valentín García participa na Gala de entrega de premios aRi[t]mar

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na Gala de entrega de premios aRi[t]mar da música e a poesía galego-portuguesas 2020, que recibiron Carlos da Aira, Raquel Lima, Sabela, António Zambujo e Georgina Benrós de Mello (representada por Rudesindo Soutelo).
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O Concello de Vigo organiza un obradoiro sobre os recursos informáticos existentes para traballar en galego
O obradoiro “Recursos informáticos para traballar en galego”, que se desenvolverá ao longo do mes de outubro no Auditorio do Mar de Vigo, está dirixido a todas as persoas que desexen ampliar os seus coñecementos sobre este tema.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O Concello de Santiago de Compostela organiza un obradoiro de acollemento lingüístico
Este obradoiro de acollemento lingüístico, que consta de 18 sesións, está dirixido a persoas adultas procedentes doutras comunidades lingüísticas que queiran aproximarse á lingua e á cultura galegas.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Bota a andar en Melide a campaña 'Os nosos produtos, en galego'
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e a directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez Abeal, participaron, no Centro Sociocultural Mingos de Pita de Melide, na mesa redonda de presentación da campaña Os nosos produtos, en galego.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O Concello da Estrada pide a tradución ao castelán dos documentos dun concurso
O Concello da Estrada publicou as bases para achegar propostas a un proxecto de humanización, cuxos pregos se publicaron só en castelán. Ademais, entre os requisitos, figura que a documentación para participar debe estar en castelán ou en galego con tradución ao castelán, cláusula que chamou a atención de asociacións de defensa da lingua galega.
Fonte: Nós Diario
A gala aRi[t]mar 2020 celebrarase o vindeiro sábado no marco do festival Maré

O secretario xeral de Política Lingüística da Xunta, Valentín García, participou na rolda de prensa de presentación do festival de música Maré, que se celebrará do 24 ao 27 de setembro en Santiago de Compostela e que acollerá, o sábado 26, a Gala dos Premios da música e a poesía galego-portuguesas aRi[t]mar.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Valentín García participa en Curtis no acto de entrega de premios do XV Certame de Narración Curta "Diario Marciano"
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto de entrega de premios do XV Certame de Narración Curta do Concello de Curtis "Diario Marciano".
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A plataforma colaborativa sobre toponimia Galicia Nomeada alcanza case os 20 000 nomes de lugares rexistrados

Ao longo dos nove primeiros meses de vida, o proxecto colaborativo Galicia Nomeada, creado pola Real Academia Galega en colaboración coa Xunta para recompilar a microtoponimia, suma preto de 20 000 topónimos. Tampouco deixou de medrar o número de persoas que participa na iniciativa, arredor das 1300.
Fonte: Real Academia Galega
O campus de Pontevedra acollerá unha iniciativa para fomentar o uso do galego entre o alumnado

A Universidade de Vigo e o Concello de Pontevedra poñen en marcha o programa Falamos, co obxectivo de promover o uso do galego entre o alumnado do campus pontevedrés. A iniciativa consta de catro actividades (un club de lectura, un curso de cociña, a proxección de películas e un proxecto de voluntariado lingüístico) que se darán a coñecer coa instalación nas diferentes facultades e escolas duns postos informativos.
Fonte: Universidade de Vigo
Boletín
Subscríbase ao boletín