Galicia

A serie Miracle Tunes xa está dispoñible en lingua galega na aplicación móbil do Xabarín

Miracle Tunes, unha exitosa serie da produtora galega Portocabo, xa se pode ver en galego na aplicación móbil do Xabarín e na segunda canle da TVG. Conta con 51 capítulos que mesturan música, baile, estética futurista e apoderamento feminino.

Fonte: Código Cero

Román Rodríguez destaca a posibilidade de gozar da música de forma segura no contexto da pandemia

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, destacou a posibilidade de “seguir gozando da música, da nosa identidade e da tradición popular galega dun xeito seguro”, malia o actual contexto de pandemia. Fíxoo no acto de presentación da xira do 40 aniversario do grupo Milladoiro, celebrado na sala Eisenman da Cidade da Cultura de Galicia, no que tamén participou o secretario xeral de Política lingüística, Valentín García.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Máis de 250 establecementos de toda Galicia recollen sinaturas de apoio á iniciativa Xabarín

A iniciativa popular Xabarín, impulsada pola Mesa pola Normalización Lingüística para demandar un incremento e unha mellora da programación infantil e xuvenil en galego na TVG, conta coa colaboración de máis de 250 establecementos de toda Galicia que están a recoller sinaturas de apoio á devandita iniciativa.

Fonte: Código Cero

A mostra impulsada pola Xunta 'Carvalho Calero. A voz presente' continúa a súa itinerancia en Pontevedra

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, visitou a mostra Ricardo Carvalho Calero. A voz presente, que promove a Consellería de Educación, Cultura e Universidade en colaboración coa Associaçom Galega da Lingua (AGAL) no marco da programación institucional conmemorativa das Letras Galegas 2020 da Xunta de Galicia.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

O Fondo Xacobeo 21 homenaxea a Xeración Nós, en colaboración co Museo do Pobo Galego, coa mostra 'Mar de Libros'

O Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 da Xunta de Galicia súmase á homenaxe ao Centenario da Xeración Nós, coa colaboración do Museo do Pobo Galego, a través da mostra “Mar de libros”, de Isabel Pintado, que se exhibe en San Domingos de Bonaval ata o vindeiro 6 de decembro.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Deputación de Pontevedra aproba as bases das axudas a entidades e concellos para a dinamización da lingua galega

A Deputación aprobou as bases de subvencións dirixidas a entidades sen fins de lucro e aos concellos para levar a cabo durante o ano 2020 actividades de dinamización do galego. En total destinaranse 250 000 euros a dúas liñas de axudas que teñen como obxectivo fomentar o uso deste idioma no ámbito socioeconómico, así como noutros sectores de moita repercusión social, e realizar actividades de fomento desta lingua.

Fonte: Deputación de Pontevedra

A Xunta de Galicia renova a súa colaboración con universidades de distintas partes do mundo para promover a lingua, a literatura e a cultura galegas

Cun investimento superior aos 200 000 euros, a Xunta de  Galicia renovou a súa colaboración con universidades de distintas partes do mundo (tanto do resto de España como de países como Alemaña, Austria ou Portugal) co obxectivo de divulgar a lingua, a literatura e a cultura galegas no ámbito académico.

Fonte: La Región Internacional

A entidade pública Enaire prohíbelle o uso do galego ao seu cadro de persoal

O BNG denunciou no Congreso a prohibición por parte de Enaire (entidade adscrita ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana) das comunicacións en galego entre o persoal do seu centro en Santiago de Compostela.

Fonte: El Español

O IES de Soutomaior crea unha serie de infografías en galego con indicacións para o uso das TIC no ámbito educativo

O Departamento de Tecnoloxía do IES de Soutomaior elaborou unha serie de infografías en lingua galega con indicacións básicas para o uso das TIC no ámbito educativo que están dispoñibles para a súa descarga na web do centro en formato .jpg ou .pdf.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Varios concellos coruñeses acollen as proxeccións do Filmesturas, un festival de curtametraxes en linguas minorizadas

Filmesturas é un festival de curtametraxes rodadas en linguas minorizadas, como o galego, o catalán, o éuscaro, o quechua, o tagalo, o afrikaans ou o samoano, que se celebra entre os días 9 e 12 de outubro nos concellos da Coruña, Sada, Oleiros e Cambre.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder