Galicia
Gadis reparte nos seus supermercados unha novela gráfica en lingua galega

Co gallo da celebración do Día das Letras Galegas, Gadis reparte nos seus supermercados a novela gráfica en galego Brian, o chinés, unha obra de David Daniel Vázquez Álvarez con ilustracións de Andrés Meixide. Con esta actividade a compañía busca apoiar a edición de libros nesta lingua e fomentar a lectura, así como promover a diversidade e a integración.
Fonte: GaliciaPress
Sofía e Mateo son os nomes máis frecuentes das nenas e os nenos que nacen en Galicia
O Instituto Galego de Estatística (IGE) publicou a listaxe de nomes de neonatos correspondente ao ano 2019, que reflicte que Sofía e Mateo seguen sendo os nomes máis frecuentes das nenas e os nenos que nacen en Galicia.
Fonte: Xunta de Galicia
O Correlingua celebra o seu 20 aniversario co lema ‘Vinte coa Lingua'

A carreira a prol do galego Correlingua cumpre 20 anos, nunha edición excepcional adiada por mor da crise do coronavirus. Baixo o lema ‘Vinte coa Lingua', estará presente nunha ducia de centros escolares e todas as súas actividades retransmitiranse por streaming a través da súa canle de YouTube.
Fonte: Correlingua
Xunta e Renfe Viajeros homenaxean a Carvalho Calero nos trens de alta velocidade e nas estacións de sete localidades galegas
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou na Coruña a campaña posta en marcha pola Xunta de Galicia e Renfe Viajeros para homenaxear a Ricardo Carvalho Calero no marco da Semana das Letras Galegas que este ano, de xeito excepcional, se está a celebrar en outubro.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Danse a coñecer os gañadores da edición deste ano dos Premios San Martiño de Normalización Lingüística

Os galardoados deste ano dos Premios San Martiño de Normalización Lingüística, que se entregarán o vindeiro 13 de novembro, son os seguintes: a Asociación Cultural Vagalumes e a agrupación musical A Banda da Loba.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Unha guía recolle recursos en lingua galega para a comunidade educativa dispoñibles en Youtube
O proxecto Youtubeir@s pon a disposición da comunidade educativa unha breve guía de recursos en galego dispoñibles en Youtube que inclúe unha selección de vídeos didácticos sobre diferentes ámbitos (ciencia, plástica, literatura e lingua, música, natureza…).
Fonte: Consello da Cultura Galega
Xerais publica unha reedición en galego do volume de Astérix 'O Menhir de Ouro' en forma de audiolibro

O Menhir de Ouro publicouse orixinalmente en 1967 como disco-libro, pero nunca aparecera como álbum. Agora actualizouse como parte da colección de álbums, e chega a Galicia da man da Editorial Xerais, cuxa edición vén acompañada dun audiolibro en galego con voces excepcionais, música orixinal e efectos sonoros feitos á medida.
Fonte: Praza Pública
'A noite en que todo cambiou. A vida con DCA' sae do prelo con motivo do Día do Dano Cerebral Adquirido
Con motivo da celebración do Día do Dano Cerebral Adquirido (26 de outubro), o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e mais o director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González, participaron na presentación do libro A noite en que todo cambiou. A vida con DCA, de Concha Otero, que publica Hércules Ediciones co apoio da Xunta de Galicia.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Xunta impulsa unha trintena de actividades para celebrar este novembro o Mes da Ciencia en Galego nas súas bibliotecas

A Xunta de Galicia impulsa unha trintena de actividades para celebrar este novembro o Mes da Ciencia en Galego nas bibliotecas da rede pública da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, así como nas bibliotecas escolares. O obxectivo desta iniciativa, que se desenvolverá entre os días 7 e o 28 do vindeiro mes, é sensibilizar os máis novos sobre a necesidade de empregar o galego na literatura científica.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Deputación de Pontevedra abre o prazo de solicitude de axudas para actividades de dinamización da lingua galega
O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra publicou as bases das axudas que convoca a Deputación provincial para o fomento do galego. En total, destinarase unha partida de 220 000 euros que se repartirán entre entidades sin ánimo de lucro e concellos de menos de 50 000 habitantes.
Fonte: Deputación de Pontevedra
Boletín
Subscríbase ao boletín