Galicia

A Xunta, o Parlamento e o Foro Enrique Peinador convocan os XXVII Premios de Publicidade en Galego

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, o Parlamento Galego e o Foro Enrique Peinador convocan conxuntamente a XXVII edición dos Premios de Publicidade en Galego.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Xa está aberto o prazo para propoñer palabras galegas aspirantes a se converter na Palabra do Ano 2020

A Real Academia Galega e a Fundación Barrié abren o prazo para propoñer palabras aspirantes a se converter na Palabra do Ano 2020, unha iniciativa organizada por ambas as entidades para difundir o léxico galego.

Fonte: Real Academia Galega

Danse a coñecer os traballos galardoados nos certames organizados pola Facultade de Veterinaria para premiar o uso do galego entre o alumnado

Dous traballos académicos e dous TFG gañan a terceira edición dos certames ‘Escolle en galego’ e ‘O teu traballo ten premio’, dotados con máis de 500 euros. Estes certames están organizados pola Facultade de Veterinaria da Universidade de Santiago e buscan incentivar o uso do galego entre o seu alumnado.

Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

Estudantes de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade de Vigo organizan en Instagram o evento ‘Usa a lingua’

A axencia de publicidade Freshysweet, formada por alumnado da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade de Vigo, presentan unha nova edición da iniciativa “Usa a lingua”, un ciclo de coloquios e actuacións que este ano se desenvolve de xeito virtual a través de Instagram.

Fonte: Universidade de Vigo

A iniciativa ‘Mar de cultura’ da Xunta encherá Vigo de música durante esta semana desde o Museo do Mar de Galicia

O novo festival Mar de cultura, impulsado pola Xunta de Galicia, encherá Vigo de música desde o Museo do Mar de Galicia. A Consellería de Cultura, Educación e Universidade pon en marcha o evento musical, 100% galego, no que se darán cita oito dos artistas e formacións máis coñecidas de Galicia.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Xunta presenta unha campaña para fomentar o consumo de produtos culturais galegos

O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, presentou en Pontevedra unha campaña que, baixo o lema 'O único xeito de apoiar a cultura é gozala', ten como obxectivo promover o consumo de produtos culturais galegos. Difundirase nas rúas comerciais das cidades de Galicia, nos medios de comunicación e nas principais redes sociais como Instagram, Spotify ou Tik Tok.

Fonte: Galicia Confidencial

Unha publicación do Consello da Cultura Galega analiza as conexións entre as linguas ibéricas

O volume Variedades lingüísticas en contacto na Península Ibérica, editada por Francisco Dubert-García, Vítor Míguez e Xulio Sousa, mostra as interrelacións entre as linguas que se falan neste territorio e os fenómenos de contacto entre elas.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Varias organizacións pídenlle á Xunta diálogo para avanzar na normalización da lingua galega

A Mesa pola Normalización Lingüística e outros colectivos pertencentes á comunidade educativa reclámanlle á Xunta diálogo para avanzar na normalización da lingua galega no ensino.

Fonte: Nós Diario

As XVI Xornadas de Normalización Lingüística céntranse nos recursos virtuais para a aula

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e a secretaria autonómica de Escolas Católicas, Juana Otero, inauguraron as XVI Xornadas de Normalización Lingüística, un evento formativo dirixido a equipos de dinamización da lingua galega e, en xeral, profesorado, tanto de centros públicos coma concertados e privados.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

O videoclip 'Camiñares' completa a 'Triloxía meiga' do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación de Camiñares, o terceiro videoclip da Triloxía meiga, da compañía Queiman e Pousa, coa que en outubro se inaugurou a publicación de traballos dixitais do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 da Xunta de Galicia.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder