Galicia
Xa está dispoñible en galego a aplicación Radar COVID
A aplicación Radar COVID, dispoñible de balde para a súa descarga, xa se pode descargar en galego, que se une así ao resto de linguas do Estado. Trátase dunha ferramenta que suporá unha importante axuda para o rastrexo dos contactos das persoas contaxiadas co coronavirus.
Fonte: Praza Pública
Unha proposición non de lei instará o Goberno a incrementar a programación infantil e xuvenil en galego coa creación dunha canle Xabarín

A Mesa pola Normalización Lingüística anunciou que vai presentar unha proposición non de lei de iniciativa popular para que o Goberno galego aumente a programación infantil e xuvenil en lingua galega na TVG a través da creación dunha canle Xabarín.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés acolle a mostra ‘Carvalho Calero. A voz presente’

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade leva á Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés a mostra Carvalho Calero. A voz presente, impulsada en colaboración coa Associaçom Galega da Lingua (AGAL) no marco da programación institucional conmemorativa das Letras Galegas 2020 promovida desde a Xunta de Galicia.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Antón Costa Rico recolle o Premio Luís Porteiro Garea en recoñecemento ao seu esforzo a prol da normalización do galego na Universidade de Santiago
Antón Costa Rico, catedrático de Historia da Educación na Universidade de Santiago, recibiu o III Premio Luís Porteiro Garea en recoñecemento ao seu traballo a prol da normalización do uso do galego nesta institución.
O Concello do Porriño aproba a súa Ordenanza de uso da lingua galega
O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra publicou a aprobación definitiva da Ordenanza de uso da lingua galega no Concello do Porriño, un texto que declara o galego como idioma oficial, que empregará en todas as súas accións, actuacións administrativas, documentación, comunicacións etc.
Fonte: CTNL
O libro 'Chano Piñeiro ou a teima dun soño' réndelle homenaxe a un dos pioneiros do cine en galego

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou xunto co presidente da Deputación Provincial de Ourense, Xosé Manuel Baltar, na presentación do libro Chano Piñeiro ou a teima dun soño (1954-1995), de Francisco Rozados Rochi.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O primeiro caderno do Ficbueu analiza as curtametraxes da Nouvelle Vague

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no Centro Social do Mar de Bueu na presentación do primeiro volume dos Cadernos FICBUEU: A Nouvelle Vague a través das súas curtametraxes (1956-1965), de Severiano Casalderrey. Trátase dun volume con edición bilingüe en galego e inglés que conta co apoio da Xunta de Galicia.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Mesa pola Normalización Lingüística recolle sinaturas para a creación dunha canle en galego dedicada exclusivamente á infancia e á mocidade
Case 2000 persoas asinaron esta petición que lles será entregada ao director xeral da Corporación de Radio Televisión de Galicia e ao conselleiro de Cultura, Educación e Universidade. Un dos motivos para o lanzamento desta iniciativa é que a galega é a única lingua oficial no Estado que non conta cunha canle exclusiva de programación infantil e xuvenil.
Fonte: Nós Diario
Nace unha iniciativa para instar a TVG a reforzar e actualizar a súa programación infantil en galego

Trátase dunha nova conta de Twitter que, co lema “Por un contido infantil e xuvenil na TVG”, busca que a programación do Xabarín recupere a esencia da que foi a súa época dourada para que se converta nunha referencia en galego para as novas xeracións.
Fonte: Galicia Confidencial
Un proxecto de astronomía da Universidade de Santiago ofrece un mapa que amosa unha visión completa do ceo en lingua galega

Dous investigadores da USC publicaron un proxecto que consiste nun mapa que inclúe as constelacións estelares en tempo real e no que se emprega o galego tanto para os nomes dos conxuntos como para cuestións técnicas.
Fonte: Galicia Cofidencial
Boletín
Subscríbase ao boletín