Galicia
A Real Academia Galega reivindica a presenza do galego en todas as materias do sistema educativo
No pleno extraordinario de homenaxe a Ricardo Carvalho Calero con motivo do Día das Letras Galegas, o presidente da RAG reivindicou na súa intervención a presenza do galego en todos os ámbitos e en todas as materias do sistema educativo, sen excepcións.
Fonte: Galicia Confidencial
A Universidade de Santiago de Compostela presenta unha listaxe de termos esenciais da covid-19

A Universidade de Santiago de Compostela recompilou os 200 termos esenciais da covid-19 en galego, co obxectivo de contribuír á mellora da calidade lingüística da documentación técnica relacionada con esta pandemia. Nesta listaxe, ademais da definición do termo, aparecen as equivalencias en inglés e español, así como a área temática á que pertence.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O secretario xeral de Cultura salienta o labor do Museo do Gravado de Artes a prol da figura de Curros Enríquez
O secretario xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo M. Lorenzo, participou na inauguración da exposición "Airiños d’a miña terra. O gravado V33", coa que o Museo do Gravado de Artes, en Ribeira, lle rende homenaxe a Manuel Curros Enríquez con motivo do 140 aniversario da edición do seu poemario do mesmo nome.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O xornalista Pedro Rielo recibe na Estrada o XXV Premio Xornalístico Reimóndez Portela, que conta co apoio da Xunta
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no Pazo de Exposicións e Congresos da Estrada no acto de entrega do XXV Premio Xornalístico Manuel Reimóndez Portela a Pedro Rielo Lamela.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua difunde un ano máis o portal Agasallo.eu para fomentar a compra de regalos en galego
O portal Agasallo.eu, creado pola Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua en 2013, ten como obxectivo compilar e difundir regalos en galego nesta época de Nadal e concienciar así sobre a compra de agasallos no comercio de proximidade e nesta lingua.
Fonte: CTNL
O Concello de Narón pon en marcha unha campaña de Nadal para impulsar o uso do galego no comercio local

Grazas á campaña “Cos meus mellores desexos”, impulsada polo Concello de Narón en colaboración coa Mesa pola Normalización Lingüística, os establecementos comerciais da vila recibirán, de balde, etiquetas adhesivas para colocar nos agasallos con mensaxes en galego. O obxectivo da iniciativa é impulsar o uso desta lingua no comercio local, como un valor engadido vinculado á proximidade, calidade e autenticidade.
Fonte: Concello de Narón
A Universidade de Santiago de Compostela convoca os XVII Premios á calidade lingüística en galego
A convocatoria dos Premios á calidade lingüística en galego ten como obxectivo fomentar o uso da lingua galega ligada á calidade formal na elaboración e defensa dos traballos académicos do alumnado.
A Xunta presenta 'Un lugar afastado', a nova entrega de Beto Luaces que completa a triloxía 'VICVS', expoñente de novela negra ambientada en Vigo

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, presentaron Un lugar afastado, o novo libro do escritor Beto Luaces que completa a triloxía VICVS, un referente da novela negra ambientada na cidade.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Xa se coñecen os vídeos gañadores do certame Youtubeir@s 2020

O certame Youtubeir@s deu a coñecer os vídeos premiados na súa cuarta edición, na que participaron 536 propostas, 296 máis que na edición anterior. Trátase dunha iniciativa, organizada polos servizos de normalización lingüística de varios concellos, das universidades galegas e da Deputación da Coruña que ten como obxectivo encher Youtube de vídeos en galego.
Fonte: Culturagalega
O Concello de Bueu organiza unhas xornadas para analizar a situación do galego no audiovisual

O proxecto “Bueu e a fala” ten como obxectivo analizar a situación do galego en distintos ámbitos. En concreto, na edición deste ano, tratarase a presenza desta lingua no audiovisual a través de charlas virtuais e proxeccións.
Fonte: Concello de Bueu
Boletín
Subscríbase ao boletín