Galicia
O Concello da Estrada convoca o I Premio Alberte Quiñoi de Álbum Ilustrado para impulsar a creatividade e o interese pola literatura en galego
Este novo galardón, que conta co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Editorial Galaxia, é promover a escrita literaria en galego, divulgar o legado de Manuel García Barros e fomentar a lectura entre o alumnado de educación infantil.
Fonte: Faro de Vigo
A Deputación de Pontevedra concede subvencións para a dinamización da lingua galega a entidades da provincia
A Deputación de Pontevedra aprobou a concesión de 27 subvencións a entidades culturais sen ánimo de lucro dunha ducia de concellos da provincia para a difusión e a normalización do galego cunha partida inicial de 150 000 euros.
Fonte: Deputación de Pontevedra
A Universidade de Santiago abre o prazo dos XVII Premios á calidade lingüística en galego

A Universidade de Santiago convocou os XVII Premios á calidade lingüística en galego que teñen como obxectivo fomentar o uso da lingua galega ligada á calidade formal na elaboración e defensa dos traballos académicos do alumnado.
A Xunta de Galicia publica a resolución das axudas para publicacións periódicas en galego

A Xunta de Galicia publicou a resolución da convocatoria de axudas para o ano 2020 destinadas a empresas que realizan publicacións periódicas escritas integramente en galego.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Preséntase un estudo histórico e lingüístico dos textos do Tombo das viñas de Ribadavia
O Consello da Cultura Galega presenta unha nova edición dos tres textos que contén o Tombo das viñas de Ribadavia, que inclúe unha análise paleográfica, diplomática, lingüística e histórica destes; un estudo onomástico de nomes de persoa e topónimos; un glosario léxico e os índices de persoas e lugares citados.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O calendario da Universidade de Vigo pon o foco no alumnado galegofalante

A Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo editou o seu calendario de 2021 centrado no alumnado galegofalante. O obxectivo é fomentar o uso do galego nos tres campus que integran a universidade.
Fonte: Nós Diario
A Xunta lembra a Valle-Inclán no 85 aniversario do seu pasamento
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, participou xunto a diversas autoridades na tradicional ofrenda floral a Ramón María del Valle-Inclán que se realizou no Cemiterio de Boisaca con motivo do 85 aniversario do pasamento do escritor.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O Concello do Grove outorga o premio de novela curta a Manuel Piñeiro
Manuel Piñeiro recibiu pola súa obra Trávelin o XXVII Premio Manuel Lueiro Rey de Novela Curta que organiza o Concello do Grove.
Fonte: Cultura Galega
Un colectivo denuncia que a CRTVG realizase unha entrevista en castelán
O colectivo Defende a Galega denunciou que a Radio Televisión de Galicia (CRTVG) realizou unha entrevista ao exalcalde da Coruña, Francisco Vázquez, integramente en castelán.
Fonte: NH Diario
O Concello de Lugo decorará unha rúa da cidade coas palabras do ano escollidas desde 2014
O tenente de alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, anunciou que o goberno municipal da cidade decorará unha rúa coas distintas palabras do ano escollidas desde 2014.
Fonte: Nós Diario
Boletín
Subscríbase ao boletín