Galicia
A Real Academia Galega e PuntoGal convocan unha nova edición do concurso de microrrelatos

O certame de microrrelatos, que chega á súa cuarta edición, ten como obxectivo reforzar a presenza do galego no mundo dixital. Pódense presentar a este concurso textos dun máximo de 200 palabras escritos nesta lingua ao longo do mes de febreiro.
Fonte: Real Academia Galega
Unha guía explica o funcionamento dos procesos selectivos para aspirantes a postos de técnico/a de normalización lingüística
A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua publica o Manual de procesos selectivos para técnicos/as de normalización lingüística, unha guía pensada para as persoas aspirantes a este posto na Administración local, así como para a Administración convocante.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A Universidade de Vigo elabora seis guías prácticas sobre a educación bilingüe, unha en portugués e cinco en linguas bantú de Mozambique

O proxecto Edubilmo, no que participou o grupo de investigación Grades en colaboración coa Universidade Eduardo Mondlane de Mozambique, elaborou seis guías prácticas sobre a educación bilingüe, unha en portugués e cinco en linguas bantú. Así mesmo, ao abeiro do proxecto tamén se prepararon catro glosarios terminolóxicos nestes idiomas.
Fonte: Universidade de Vigo
A Universidade de Santiago organiza a IX edición de Explícoche Matemáticas 2.0, o concurso para impulsar o galego neste ámbito

O concurso Explícoche Matemáticas 2.0, que convoca cada ano a Universidade de Santiago, ten como obxectivo impulsar o uso do galego para a transmisión do coñecemento matemático, así como a creatividade do alumnado.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Tres centros escolares da Laracha, Carballo e Narón gañan o certame de curtas de animación da Xunta 'Nós tamén creamos!'

A Xunta de Galicia deu a coñecer a resolución da IX edición dos Premios a curtas de animación en galego "Nós tamén creamos!", que convoca a través da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, en colaboración coa Corporación Radio e Televisión de Galicia (CRTVG) e OQOeditora.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Universidade de Vigo publica catro guías didácticas para o ensino secundario ao abeiro da iniciativa “En Galego! Investigación e divulgación científica”

A Universidade de Vigo acaba de publicar catro guías prácticas, que distribuirá entre os institutos das provincias de Pontevedra e Ourense, ao abeiro da iniciativa En Galego! Investigación e divulgación científica.
Fonte: Universidade de Vigo
A Universidade de Santiago lanza un novo dicionario personalizado relativo ao ámbito das Ciencias da Saúde

A colección de suplementos temáticos para correctores da USC incorpora un novo dicionario personalizado relativo ao ámbito das Ciencias da Saúde que ten como obxectivo facilitar o uso do galego escrito na comunicación académica e científica de diversas disciplinas.
O uso do galego nos xulgados do social non alcanza o 1 %
Segundo a Mesa pola Normalización Lingüística, o emprego do galego nos xulgados do social de Galicia é inferior ao 1 %, o que para esta plataforma supón unha vulneración dos dereitos lingüísticos.
Fonte: Galicia Confidencial
Radio Estrada organiza a cuarta edición do seu concurso de cartas de amor en galego
Radio Estrada organiza por cuarto ano Can Valentín, un concurso de cartas de amor ao que poden presentarse textos, en prosa ou en verso, orixinais e inéditos, escritos en galego.
Fonte: Faro de Vigo
O videoxogo The Waylanders xa está dispoñible en galego

A partir do 25 de xaneiro xa se pode xogar en lingua galega, así como en español, inglés, ruso, chinés, alemán e francés, a The Waylanders, un videoxogo de rol de fantasía desenvolvido polo estudio coruñés Gato Salvaje.
Fonte: Praza Pública
Boletín
Subscríbase ao boletín