Galicia

A Escola Galega de Administración Pública publica dúas convocatorias de cursos de linguaxes específicas

Trátase de dúas convocatorias dos seguintes cursos telemáticos: unha na que se ofertan cursos de linguaxe xurídica galega para o persoal da Administración de Xustiza que presta servizos fóra de Galicia, e outra na que se ofertan cursos de linguaxe administrativa e xurídica destinados ao persoal ao servizo das distintas administracións galegas.

Fonte: Consello da Cultura Galega

A Universidade de Santiago convoca o IV Premio Luís Porteiro Garea á promoción e uso do galego

O Premio Luís Porteiro Garea, que chega xa á súa cuarta edición, recoñece as iniciativas, os traballos e as traxectorias de membros da comunidade universitaria a prol da normalización do galego na institución.

Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

O proxecto Trasno lanza a iniciativa "Common Voice en galego"

O proxecto Trasno pide a colaboración da cidadanía para reunir máis de 5000 frases curtas de uso cotián en galego que, logo, falantes nativos gravarán. A través deste proceso irase conformando un arquivo de frases que posteriormente reproducirán os dispositivos tecnolóxicos.

Fonte: Galicia Confidencial

O Concello de Carballo convoca o Premio a proxectos de serie en galego 2021

No marco da oitava edición do Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay, convócase o Premio a proxectos de serie en galego 2021, co obxectivo de fomentar a creación e a difusión de contidos audiovisuais orixinais nesta lingua en Internet.

Fonte: Consello da Cultura Galega

A Xunta renova os lectorados da Rede de Centros de Estudos Galegos con dez novas incorporacións docentes

A Xunta de Galicia vén de renovar 10 dos 27 lectorados de lingua, literatura e cultura galegas da Rede de Lectorados e Centros de Estudos Galegos, despregada en 36 universidades de todo o mundo e coordinada desde a Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Universidade de Vigo organiza un curso sobre linguaxe sanitaria galega

A Universidade de Vigo estrea no segundo cuadrimestre o curso “Anatomizamos en galego”, unha actividade formativa, en formato virtual, que ten como obxectivo ampliar o coñecemento que a comunidade universitaria posúe sobre a linguaxe relacionada coa saúde.

Fonte: Universidade de Vigo

O Concello de Poio aproba a súa Ordenanza reguladora do impulso do uso do galego

O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra publicou a aprobación definitiva da Ordenanza reguladora do impulso do uso do galego do Concello de Poio, un texto no que se declara que a lingua galega é o idioma oficial desta institución.

Fonte: Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra

A Xunta convoca os premios escolares de innovación en dinamización lingüística 2020-2021

A Xunta de Galicia convoca os premios escolares de innovación educativa en dinamización lingüística 2020-2021, a través da publicación da resolución da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Celébrase unha nova edición do Día dos Medios en Galego

O pasado 7 de febreiro celebrouse unha nova edición, a terceira, do Día dos Medios en Galego, unha conmemoración impulsada pola Amega (Asociación de Medios en Galego) co obxectivo de darlles visibilidade aos medios de comunicación que utilizan esta lingua.

Fonte: Praza Pública

O secretario xeral de Política Lingüística participa no programa 'Aulas dixitais' impulsado pola Xunta e Coca-Cola

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou por videoconferencia no programa Aulas dixitais de Coca-Cola, incluído na XII edición do Concurso Novos Talentos de Relato Curto no que colabora a Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder