Galicia
A Real Academia Galega presenta unha nova edición do proxecto Primavera das Letras dedicada a Xela Arias

A Real Academia Galega presentou no CEIP Sárdoma-Moledo (Vigo) a Primavera das Letras de Xela Arias que lles proporcionará aos nenos e nenas recursos lúdicos e didácticos, descargables e interactivos, para achegalos á súa figura.
Fonte: Real Academia Galega
A Xunta pon en valor argalladas e brinquedos ecolóxicos dirixidos á infancia cos audiovisuais ‘Xoguetes naturais’
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou a iniciativa audiovisual “Xoguetes naturais”, incluída no Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021, coa que a Xunta de Galicia pon en valor as argalladas e os brinquedos ecolóxicos dirixidos á infancia.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Deputación da Coruña convoca unha nova edición do concurso de composicións en galego “Quero Cantar”
O concurso musical “Quero Cantar” chega á súa quinta edición, que só inclúe a categoría xuvenil (13 a 16 anos). O certame está dirixido a solistas ou grupos musicais que presenten a maqueta dunha composición en galego con letra e música orixinais e inéditas.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O Instituto da Lingua Galega organiza o concurso de vídeo "Móvete"

Co gallo do seu 50 aniversario, o Instituto da Lingua Galega da USC organiza o concurso de vídeo Móvete, destinado ao alumnado dos institutos de Galicia e das zonas de fala galega de fóra da comunidade.
A Deputación de Pontevedra publica as bases das axudas para a promoción do galego na Administración local da provincia
Estas subvencións van dirixidas a concellos e outras entidades locais para a creación, mantemento ou reforzo dos servizos de normalización lingüística municipais durante o ano 2021.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Un estudo da Real Academia Galega analiza o proceso de perda de falantes de galego entre a mocidade

Segundo un estudo realizado Lidia Gómez Martínez e publicado pola RAG no último número de Cadernos da Lingua, o paso da educación primaria á secundaria e o comezo da vida laboral son dous momentos clave no cambio lingüístico da mocidade a prol do castelán.
Fonte: Galicia Confidencial
O novo proxecto ‘Xacobeo Miudiño’ impulsa o Camiño de Santiago con audiovisuais interactivos para a cativada co apoio da Xunta
A Xunta de Galicia impulsa o coñecemento sobre o Camiño de Santiago e o fenómeno xacobeo na infancia co novo proxecto audiovisual interactivo Xacobeo Miudiño, feito pola produtora galega Seispés, e que é unha das máis de 350 iniciativas beneficiarias do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 apoiou xa máis de 350 iniciativas de empresas e profesionais do sector

O Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 apoiou xa máis de 350 iniciativas de empresas e profesionais do sector. Así o anunciou o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, que fixo balance sobre esta iniciativa no Parlamento de Galicia.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Xunta difundirá desde o próximo sábado nas súas redes o documental 'A memoria viva', sobre o Centro Gallego da Habana

As secretarías xerais da Emigración e de Política Lingüística difundirán a través das súas plataformas web e redes sociais, a partir do próximo sábado, día 27, o documental A memoria viva, a través do cal se pode coñecer a historia do Centro Gallego da Habana.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Feijóo anima a preservar a obra e os valores de Rosalía de Castro, a escritora galega máis universal e “símbolo da Galicia que somos”
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, animou a preservar a obra e os valores de Rosalía de Castro, a escritora galega máis universal e “símbolo da Galicia que somos”.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Boletín
Subscríbase ao boletín