Galicia

A Deputación da Coruña publica a resolución das axudas dirixidas aos servizos de normalización lingüística municipais

A Deputación da Coruña publicou a resolución provisional das axudas para a creación, mantemento e reforzo dos servizos de normalización lingüística municipais durante o ano 2021.

Fonte: Consello da Cultura Galega

A Real Academia Galega publica un estudo sobre nomes comerciais

A publicación Estudos de Onomástica Galega V. Os nomes comerciais recolle os traballos presentados na V Xornada de Onomástica nos que se reflexiona sobre as tendencias nas denominacións dos establecementos e os produtos comerciais e sobre o seu papel no proceso de normalización lingüística.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Xunta e USC colaborarán para reforzar a investigación da lingua galega nas redes sociais e na mocidade

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, e o reitor da Universidade de Santiago, Antonio López, renovaron a colaboración de ambas as institucións no eido da investigación lingüística coa sinatura dun convenio que impulsará as accións do Instituto da Lingua Galega (ILG) nas redes sociais, a mocidade e a familia, entre outras.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A editorial Xerais convoca os seus premios de novela e literatura infantil e xuvenil en lingua galega

Os Premios Xerais 2021 está destinados a orixinais en lingua galega nas modalidades de novela, literatura infantil e literatura xuvenil, dotadas cada unha con 10.000 euros.

Fonte: Galicia Confidencial

A Casa de Rosalía acolle o primeiro concerto de 'Rosalía Cantada', incluído no fondo Xacobeo 2021 da Xunta de Galicia

A Casa de Rosalía, na Matanza, acolleu o concerto de presentación do proxecto discográfico “Rosalía cantada”, que dá ao prelo a Fundación Rosalía de Castro co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Universidade a través do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 da Xunta de Galicia.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Xunta incrementa a súa colaboración coa Real Academia Galega para potenciar a renovación dixital da institución

A Xunta de Galicia vén de renovar a colaboración coa Real Academia Galega (RAG), que este ano incrementa un 7% a súa achega ata máis de 550.000 euros para contribuír tanto a manter as actividades culturais e de investigación lingüística da institución como para impulsar de xeito conxunto diversos actos arredor da figura de Xela Arias.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Convócase unha nova edición de Enreguéifate, un certame de regueifas que busca contribuír á promoción do galego

Os concellos de Ames, Pontevedra, Rianxo, Santiago de Compostela e Teo convocan unha nova edición de Enreguéifate, un certame de regueifas en vídeo que ten como obxectivo difundir a regueifa como forma de improvisación oral e contribuír á promoción do galego.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Román Rodríguez asiste na Coruña á preestrea de ‘Nación’, filme de Margarita Ledo apoiado coas axudas á produción da Xunta

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, acompañado polo director de Industrias Culturais, Jacobo Sutil, asistiu na Coruña á preestrea do filme Nación, obra da directora Margarita Ledo.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Agadic convoca subvencións para a creación audiovisual en lingua galega

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) convoca axudas para o ano 2021 coas que se subvencionarán a escritura e produción de proxectos en versión orixinal galega, entendendo como tal a rodaxe/gravación en galego, co obxectivo de impulsar a creación e, ao mesmo tempo, contribuír ao cumprimento das tarefas que a Lei do audiovisual atribúe ao sector na normalización desta lingua.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Anúncianse os gañadores da segunda edición dos Premios Mil Primaveras

A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua deu a coñecer os gañadores dos II Premios Mil Primaveras, escollidos entre as 37 candidaturas presentadas. Estes galardóns teñen como obxectivo recoñecer e difundir iniciativas, campañas ou proxectos destinados ao fomento do galego e ao incremento do seu uso e prestixio.

Fonte: Premios Mil Primaveras

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder