Galicia

O IES Rosalía de Castro acolle a mostra Aquela nena de Sarria, conmemorativa das Letras 2021

O IES Plurilingüe Rosalía de Castro, de Santiago de Compostela, acolle ata o vindeiro día 16 de abril a mostra itinerante Aquela nena de Sarria, un proxecto desenvolvido polo Colectivo Egeria para dar a coñecer a figura de Xela Arias, a quen se dedica este ano o Día das Letras Galegas.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Xunta participa nos actos do 350º aniversario do ‘Entremés famoso sobre a pesca no río Miño’

A Xunta de Galicia, representada polo secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou en Tui nos actos do 350º aniversario da publicación da obra A contenda dos labradores de Caldelas, máis coñecida como Entremés famoso sobre a pesca no río Miño, unha peza teatral de Gabriel Feixoo de Araúxo datada arredor de 1671, que pasa por ser a primeira escrita en galego.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Nace Agora.gal, un proxecto de agregación e distribución de contidos dixitais en galego

Agora.gal nace co obxectivo de ofrecer contidos en galego mediante a agregación voluntaria de creadores e aspira a converterse nunha porta de entrada á Internet nesta lingua.

Fonte: Praza Pública

A Xunta incrementa nun 40 % as axudas para a promoción do uso do galego por parte dos concellos

A Xunta de Galicia publica no Diario Oficial de Galicia (DOG) a nova convocatoria de axudas para a promoción do uso do galego desde o ámbito local que supón un incremento do 40 % no seu orzamento.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

O IES de Ames e o CEIP de Porto Cabeiro de Redondela gañan o Concurso-Exposición Letras Galegas 2021 da Xunta

O IES Plurilingüe de Ames e o CEIP de Porto Cabeiro de Redondela gañaron o Concurso-Exposición Letras Galegas 2021 convocado pola Xunta de Galicia co obxectivo de poñer en valor e dar a coñecer a autora a quen a Real Academia Galega (RAG) lle dedica este 17 de maio, Xela Arias.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Universidade de Vigo convoca unha nova edición dos Premios de Ensaio e Banda Deseñada en lingua galega

Os Premios de Ensaio e Banda Deseñada teñen como obxectivo promover a creatividade literaria e artística da comunidade universitaria. Os traballos, que deberán estar en galego e ser inéditos, poden presentarse ata o 23 de xullo.

Fonte: Universidade de Vigo

A Universidade de Santiago convoca os XVII Premios á calidade lingüística en galego

Os Premios á calidade lingüística en galego teñen como finalidade fomentar o uso da lingua galega ligada á calidade formal na elaboración e defensa dos traballos académicos do alumnado da Universidade de Santiago.

Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

Feijóo reivindica o papel esencial da cultura na recuperación reflectido nos proxectos presentados aos fondos Next Generation que aspiran a captar 180 millóns

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, reivindicou, no acto de entrega dos Premios da Cultura Galega 2020, o papel esencial desta na recuperación, reflectido nos proxectos presentados aos fondos europeos Next Generation, que aspiran a captar 180 millóns de euros para impulsar as industrias creativas, novos talentos, a dixitalización e a conservación do patrimonio.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Iniciativa Xabarín chega ao Parlamento galego con máis de 33 000 sinaturas de apoio

A Mesa pola Normalización Lingüística conseguiu 33 008 sinaturas de apoio, que xa entregou no Parlamento, a unha proposición non se lei para instar o Goberno a aumentar a oferta televisiva en galego destinada á infancia e á mocidade a través dunha canle dedicada ao Xabarín.

Fonte: Galicia Confidencial

A Xunta participa na presentación do programa formativo ‘Cultura galega e emigración’ organizado por FUNDEHSGA

Os secretarios xerais de Política Lingüística e Emigración, Valentín García e Antonio Rodríguez Miranda, participaron na videorreunión de inicio do programa formativo “Cultura Galega e Emigración: a galeguidade na diáspora”, dirixido á galeguidade no exterior que organiza FUNDEHSGA (Fundación para o Desenvolvemento Humano e Social de Galicia) e que se centra na diáspora galega.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder