Galicia
A Xunta de Galicia convoca seis bolsas de formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas de diferentes universidades

A Xunta convocou bolsas de formación, cun investimento de 300 000 euros, nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas en distintas universidades españolas, así como de países como Italia, Francia, Brasil ou Croacia.
Fonte: Crónicas de la Emigración
A Mesa pola Normalización Lingüística presenta o Informe Xabarín que analiza a presenza do galego nas plataformas audiovisuais

O Informe Xabarín constata a escaseza de contidos televisivos en galego, xa que só 25 dos máis de 25 000 títulos no catálogo global que ofrecen as operadoras inclúe a opción do galego.
Fonte: Galicia Confidencial
A Xunta marca como unha das súas prioridades de actuación o fomento do uso do galego nas familias e a mocidade
A Xunta de Galicia marca entre as súas prioridades seguir traballando na transmisión e emprego da lingua galega en contornos familiares e entre a mocidade. Así o explicou o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, que presentou no Parlamento as liñas de traballo do seu departamento, que aumenta este ano o seu orzamento nun 53 %.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Isabel Risco e Fran Rei recrean a primeira banda tecno galega no 'Dúo vaguedades' do fondo de proxectos culturais Xacobeo 2021
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e os actores Isabel Risco e Fran Rei presentaron na Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal o proxecto audiovisual Dúo Vaguedades, pertencente á primeira convocatoria do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21-22 da Xunta de Galicia.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Universidade de Vigo participa nun proxecto para aprenderlles galego aos escolares mediante o uso de metodoloxías participativas
“Dígocho a ti” é un proxecto no que estudantes de infantil, primaria e secundaria se converten en protagonistas da súa propia aprendizaxe mediante a realización de vídeos que afondan no vocabulario e nas normas ortográficas e gramaticais do galego.
Fonte: Universidade de Vigo
Román Rodríguez reafirma o compromiso da Xunta coa lingua, que ten os índices de competencia máis elevados do Estado
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, defendeu que a lingua galega é un exemplo de convivencia para o resto do Estado e o seu uso ten os índices de competencia máis elevados de todas as comunidades autónomas con linguas cooficiais, o que avala o modelo lingüístico galego.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Asociación Cultural Chorima convoca un certame literario de relato curto e poesía en lingua galega
O certame literario Letras para Asubiar conta con dúas modalidades, relato curto e poesía. Os textos deberán ser inéditos, estar escritos en galego e ter unha extensión máxima de 1000 palabras.
Fonte: Faro de Vigo
O 35% do alumnado castelanfalante finaliza a educación secundaria cunha competencia deficiente en galego

A Real Academia Galega deu a coñecer os resultados da avaliación da competencia bilingüe en galego e castelán do alumnado de 4º da ESO. Neste estudo conclúese que existe un acusado desequilibrio en detrimento do galego, dado que mentres que o alumnado galegofalante amosa un dominio similar nos dous idiomas, máis dun 35% do castelanfalante demostra escasa competencia en galego.
Fonte: Real Academia Galega
A Delegación Territorial acolle a mostra Aquela nena de Sarria, impulsada polo colectivo Egeria e a Xunta en homenaxe a Xela Arias

A Delegación Territorial da Xunta en Lugo acolle a exposición Aquela nena de Sarria, en homenaxe a Xela Arias no ano no que se lle dedica o Día das Letras Galegas; está elaborada polo Colectivo Egeria co patrocinio da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Un libro analiza o uso do galego no sector téxtil

Anabel Antela, estudante da Universidade de Vigo, é a autora A lingua galega no sector téxtil, un libro que recolle o estudo que realizou como traballo de fin de grao na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación.
Fonte: Faro de Vigo
Boletín
Subscríbase ao boletín