Galicia

A Xunta abre o prazo para a incorporación de novos centros ao ensino plurilingüe en Galicia o próximo curso 2021-22

A Xunta de Galicia abre o prazo para a incorporación de novos centros escolares ao ensino plurilingüe no vindeiro curso 2021-22, o que permitirá seguir estendendo a aprendizaxe dunha lingua estranxeira no sistema de ensino galego.

Fonte: Xunta de Galicia

A Real Academia Galega edita “Toponimia de Carballo”

Toponimia de Carballo é o último volume de Terra Nomeada, unha colección divulgativa sobre a toponimia galega. Nel o autor, Fernando Cabeza Quiles, indaga na orixe e no significado de máis de 350 nomes de entidades de poboación de Carballo.

Fonte: Real Academia Galega

A Xunta e a Academia Xacobea convocan a segunda edición do premio de novela 'Camiño de Santiago'

O Pazo de San Roque, sede da Secretaría Xeral de Política Lingüística, acolleu a presentación da segunda edición do Premio de Novela Camiño de Santiago, que impulsa a Academia Xacobea coa colaboración da Xunta de Galicia e o patrocinio de Aluminios Cortizo S.U.L. e a colaboración da Editorial Galaxia.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Nace un novo medio de comunicación dixital en galego con pezas audiovisuais sobre o deporte en Galicia

éDeporte, un novo medio de comunicación dixital, en galego e sobre o deporte galego, inaugura a súa andaina cun documental sobre o Deportivo feminino. As pezas audiovisuais poderán verse na páxina web do medio e nas súas redes sociais.

Fonte: Praza Pública

A Xunta convoca as axudas para o libro galego dirixidas á tradución

A Xunta de Galicia publica no Diario Oficial de Galicia (DOG) a convocatoria das axudas para o libro, dirixidas á tradución a outras linguas de obras publicadas orixinariamente en galego e á tradución á lingua propia de Galicia de obras publicadas orixinariamente noutros idiomas.

Fonte: Xunta de Galicia

O Concello de Vigo presenta novos recursos para fomentar a transmisión do galego

O Servizo de Normalización Lingüística municipal presenta, no marco do proxecto "Vigo arrólate", novos recursos en liña en galego que teñen como obxectivo fomentar a transmisión desta lingua no ámbito familiar.

Fonte: Consello do Cultura Galega

Unha investigadora da Universidade de Vigo deseña un novo modelo de dicionario escolar dixitalizado e interactivo

Celia Fernández Vasco propón un novo modelo dixital de dicionario moi visual, de fácil acceso e interactivo, e que ofreza unha información máis extensa que os dicionarios impresos para o alumnado de primaria, secundaria e bacharelato.

Fonte: Faro de Vigo

O Consello de Europa alerta da diminución do coñecemento do galego entre a xente máis nova

Un informe sobre a Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias do Consello de Europa insta a Xunta a eliminar os obstáculos actuais para o ensino da lingua galega no ensino e alerta sobre a diminución dos índices de coñecemento do galego especialmente entre as persoas máis novas.

Fonte: Praza

A Xunta mantén aberto o prazo de inscrición nos exames Celga ata o día 12 de abril

A Xunta de Galicia mantén aberto ata o 12 de abril o prazo de inscrición nas probas oficiais do certificado de coñecemento da lingua galega (Celga), cuxo procedemento e requisitos poden consultarse na convocatoria publicada no Diario Oficial de Galicia.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A CRTVG solicitaralle a Twitch que inclúa o galego na súa estrutura

Co obxectivo de achegarse ao público máis novo, a Corporación Radio Televisión de Galicia (CRTVG) desenvolverá a partir do mes de maio accións na plataforma de streaming Twitch. O seu primeiro paso será solicitarlle que inclúa o galego entre as linguas que forman parte da súa estrutura.

Fonte: CRTVG

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder