Galicia
A Xunta colabora coa Real Academia Galega nun congreso internacional que analizará en outubro a figura de Pardo Bazán
O secretario xeral de Cultura da Xunta, Anxo M. Lorenzo, participou, xunto co presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes, na presentación do congreso “Emilia Pardo Bazán 100 anos despois”.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Biblioteca Ánxel Casal celebra o Día Mundial da Poesía co espectáculo ‘Videopoética’ da man de Yolanda Castaño
No marco da ampla programación promovida pola Xunta de Galicia arredor do 21 de marzo, Día Mundial da Poesía, a Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal acolle o espectáculo Videopoética.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Universidade de Santiago organiza un certame de fotografía en Twitter sobre terminoloxía galega

FOTO-termos é un concurso aberto a todo o alumnado da Universidade de Santiago que ten como obxectivo divulgar a terminoloxía en galego das tres titulacións que se imparten na Facultade de Xeografía e Historia.
Máis de 3000 alumnos conclúen o reto dos ‘21 días co galego e +’ impulsado pola Xunta

A terceira edición do programa de dinamización lingüística “21 Días co Galego e +”, da Xunta de Galicia, conclúe o reto coa lingua galega ao que se sumaron hai tres semanas máis de 3000 alumnas e alumnos de educación Primaria, ESO, Bacharelato e FP.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Biblioteca de Galicia celebra o mes da poesía cun ciclo de lecturas coas voces máis representativas da literatura galega
A Xunta de Galicia iniciará os actos conmemorativos do Día da Poesía co ciclo “Na Biblioteca de Galicia lese poesía” no que algunhas das voces máis representativas da literatura galega actual lerán e interpretarán poemas.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O Fondo Xacobeo 21 actualiza o Cancioneiro Medieval galego da man de Xoán Curiel e do proxecto ‘Treides comigo’
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, acompañou o músico Xoán Curiel na presentación do proxecto Treides comigo, un traballo que pon en valor as cantigas medievais galegas cunha mirada contemporánea.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Nueva Pescanova organiza un concurso infantil de relatos en galego

“Grumetes polo futuro do mar” é o nome desta iniciativa que ten como obxectivos favorecer a concienciación medioambiental respecto ao mar e fomentar o uso do galego entre as xeracións máis novas.
Fonte: Corresponsables
A Universidade de Santiago convoca axudas para financiar quince novos títulos de guías en galego para a colección Esenciais
A Universidade de Santiago de Compostela presenta unha nova convocatoria de axudas para financiar a elaboración de quince novos títulos para a colección Esenciais, integrada por guías de referencia en galego que resumen unha materia.
Os Cadernos Ramón Piñeiro súmanse á homenaxe do centenario da revista 'Nós'
O pasado 2020 cumpríronse 100 anos do lanzamento da célebre revista Nós. Nun ano dedicado a loar e conmemorar esta importante efeméride, o Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH) quere renderlle tamén a súa propia homenaxe.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Xunta impulsa as xornadas ‘Literatura nas marxes: a creación alén do canon’ co gallo do Día Mundial da Poesía
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación das xornadas “Literatura nas marxes. A creación alén do canon”, un proxecto organizado pola Asociación O Arquivo das Trasnas co patrocinio da Xunta de Galicia.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Boletín
Subscríbase ao boletín