Galicia

A Universidade de Santiago abre o prazo dos XVII Premios á calidade lingüística en galego

A Universidade de Santiago convocou os XVII Premios á calidade lingüística en galego que teñen como obxectivo fomentar o uso da lingua galega ligada á calidade formal na elaboración e defensa dos traballos académicos do alumnado.

Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

A Xunta de Galicia publica a resolución das axudas para publicacións periódicas en galego

A Xunta de Galicia publicou a resolución da convocatoria de axudas para o ano 2020 destinadas a empresas que realizan publicacións periódicas escritas integramente en galego.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Preséntase un estudo histórico e lingüístico dos textos do Tombo das viñas de Ribadavia

O Consello da Cultura Galega presenta unha nova edición dos tres textos que contén o Tombo das viñas de Ribadavia, que inclúe unha análise paleográfica, diplomática, lingüística e histórica destes; un estudo onomástico de nomes de persoa e topónimos; un glosario léxico e os índices de persoas e lugares citados.

Fonte: Consello da Cultura Galega

O calendario da Universidade de Vigo pon o foco no alumnado galegofalante

A Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo editou o seu calendario de 2021 centrado no alumnado galegofalante. O obxectivo é fomentar o uso do galego nos tres campus que integran a universidade.

Fonte: Nós Diario

A Xunta lembra a Valle-Inclán no 85 aniversario do seu pasamento

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, participou xunto a diversas autoridades na tradicional ofrenda floral a Ramón María del Valle-Inclán que se realizou no Cemiterio de Boisaca con motivo do 85 aniversario do pasamento do escritor.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

O Concello do Grove outorga o premio de novela curta a Manuel Piñeiro

Manuel Piñeiro recibiu pola súa obra Trávelin o XXVII Premio Manuel Lueiro Rey de Novela Curta que organiza o Concello do Grove.

Fonte: Cultura Galega

Un colectivo denuncia que a CRTVG realizase unha entrevista en castelán

O colectivo Defende a Galega denunciou que a Radio Televisión de Galicia (CRTVG) realizou unha entrevista ao exalcalde da Coruña, Francisco Vázquez, integramente en castelán.

Fonte: NH Diario

O Concello de Lugo decorará unha rúa da cidade coas palabras do ano escollidas desde 2014

O tenente de alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, anunciou que o goberno municipal da cidade decorará unha rúa coas distintas palabras do ano escollidas desde 2014.

Fonte: Nós Diario

Gabriel Gómez recibe o primeiro premio SELIC de Creación Literaria

Baleiro, de Gabriel Gómez, faise co premio SELIC de Creación Literaria. Ademais, xunto a el, as obras de Óscar Senra, O novelo, e de Fernando Epelde, Partida salvada conseguen cadanseu accésit.

Fonte: Cultura Galega

A Rede de Dinamización Lingüística pecha o ano con máis de 400 actividades e 202 entidades participantes

A Rede de Dinamización Lingüística (RDL) desenvolveu ao longo do ano 2020 un importante labor na visibilización e extensión do uso da lingua galega que se materializa en máis de 400 accións de promoción do uso social do idioma desenvoltas nas súas entidades, cun importante investimento que ascendeu a máis de 900.000 €, gran parte deles xestionados desde o Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 impulsado pola Xunta de Galicia para apoiar o sector cultural no contexto da pandemia.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder