Galicia

Román Rodríguez avanza que a Xunta traballa para que o galego poida estar presente en todos os eidos da publicidade

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, participou no Parlamento de Galicia na entrega dos premios Publicidade en Galego 2021, uns galardóns que recoñecen traballos feitos no último ano.

Fonte: Xunta de Galicia

Jesús Curros recibe o I Premio de Ensaio da Academia Xacobea pola obra ‘Escenas, imaxes e sons do Camiño’

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto de entrega do I Premio de Ensaio Camiño de Santiago, que convoca a Academia Xacobea coa colaboración da Xunta de Galicia.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A programación das Letras Galegas 2021 contará con medio cento de actividades para divulgar o legado de Xela Arias

Con motivo do Día das Letras Galegas, que este ano está dedicado á creadora, editora, tradutora e mestra Xela Arias, a Xunta de Galicia, a Real Academia Galega (RAG), o Consello da Cultura Galega (CDG), en colaboración coa CRTVG, así como empresas, administracións locais e varias editoriais celebrarán un amplo programa con ata medio cento de iniciativas presenciais e en liña.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

O plan de formación da Deputación de Pontevedra para o seu persoal inclúe cursos de contidos lingüísticos

A Deputación de Pontevedra organiza cursos para o seu persoal e mais para o dos concellos da provincia adheridos ao seu plan formativo, o cal inclúe dous cursos de contidos lingüísticos: “Linguaxe administrativa galega. Nivel medio” e “Linguaxe administrativa non sexista e imaxe igualitaria na práctica da xestión pública”.

Fonte: Consello da Cultura Galega

A Xunta apoia as xornadas 'O que non se escribe' para poñer en valor a lingua galega no marco do patrimonio sonoro

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na rolda de prensa de presentación das xornadas “O que non se escribe. Arquivos sonoros e creación contemporánea”, que organiza Luneda Producións co apoio da Xunta de Galicia e a colaboración do Concello de Santiago.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Padrón acolle a celebración do Día dos Medios en Galego

A Casa Museo de Rosalía de Castro acolleu o pasado sábado 20 de marzo a celebración do Día dos Medios en Galego co programa #MoitoqueSachar.

Fonte: Nós Diario

A Xunta impulsa o proxecto 'Cantando a Carvalho Calero' que promove a obra do autor desde un punto de vista pedagóxico

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no Liceo de Ourense no acto de presentación do libro-disco Cantando a Carvalho Calero, unha obra que é resultado dun proxecto promovido polo profesor José Luis Fernández Carnicero.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Universidade de Santiago convoca un concurso de vídeos en galego sobre química sostible

O I Concurso de vídeos divulgativos en galego de química sostible está destinado a todos os membros da comunidade educativa da Universidade de Santiago e ten como obxectivo divulgar en galego as achegas da química sostible na resolución de problemas nos ámbitos da saúde, o ambiente e a industria.

Fonte: Consello da Cultura Galega

A Xunta presenta a versión actualizada do Celga 1 en liña que permite por primeira vez a autoformación en lingua galega

A Xunta de Galicia ven de poñer en marcha unha versión actualizada do Celga 1 en liña, que permite por primeira vez a autoformación en lingua galega a través dunha ferramenta vencellada a el.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Egap oferta un curso de redacción de documentos técnico-xurídicos en galego

A Escola Galega de Administración Pública publicou a convocatoria de actividades de formación para o persoal da Administración local galega na que se oferta un curso de redacción de documentos técnico-xurídicos en galego.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder