Galicia
Un centro educativo de Cerceda solicita que o galego sexa oficial no Parlamento Europeo
Alumnado de 4º da ESO do CPI O Cruce de Cerceda participa este ano nun programa educativo no marco do que puxeron en marcha unha campaña en Change.org para solicitar que o galego, o catalán e o éuscaro sexan recoñecidos como idiomas oficiais do Parlamento Europeo.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Comeza unha campaña para que TikTok acepte o galego como lingua da plataforma

O pasado 21 de febreiro comezou a campaña 'Conquistemos TikTok!', unha iniciativa que busca concienciar a cidadanía e facer un chamamento a esta rede social para que acepte o uso do galego na plataforma.
Fonte: Galicia Confidencial
Dúas iniciativas en Vigo e Ferrol animan ao uso do galego nestas dúas cidades
“Faladoiros” en Vigo, para fomentar a aprendizaxe do galego, e un grupo de falantes a través das redes sociais en Ferrol, para realizar videoconversas en galego, son dúas das iniciativas que pretenden crear espazos para o uso desta lingua en vilas e cidades.
Fonte: Galicia Confidencial
Preto de 4000 rapaces de dez centros de ensino comezan o reto de falar en galego da man de '21 Días co Galego e +'

Cos obxectivos de que a xente nova fale máis galego e perfeccione o seu uso tanto dentro como fóra das aulas, a Xunta de Galicia pon en marcha a terceira edición do programa de dinamización lingüística “21 Días co Galego e +”, que conta coa participación dun total de 3738 persoas (alumnado, profesorado e persoal de administración e servizos) de dez centros.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Ábrese a primeira sala en galego dentro da app ClubHouse para crear unha comunidade que comparta experiencias empregando esta lingua

O pasado 18 de febreiro abriu a primeira sala en galego dentro da app ClubHouse chamada “Galegos en ClubHouse”, co obxectivo de animar os seus usuarios a compartir, nesta lingua, as súas impresións e as posibilidades desta nova rede social.
Fonte: Galicia Confidencial
Román Rodríguez avoga por camiñar da man da sociedade no fomento do uso da lingua galega entre as xeracións máis novas
A Xunta de Galicia conmemora o Día Internacional da Lingua Materna −que este ano ten como lema “O multilingüismo para a inclusión no eido educativo e na sociedade en xeral”− cunha serie de propostas lúdicas e didácticas dirixidas ao público máis novo que se ofrecen en streaming e de balde desde a Cidade da Cultura de Galicia.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Xunta pon en valor a riqueza e variedade dos ditos e recitados infantís coas ‘brincadeiras da lingua’
A Xunta de Galicia impulsa o coñecemento e pon en valor a riqueza e variedade dos ritos e recitados infantís a través da serie audiovisual As brincadeiras da lingua, realizada pola coñecida compañía teatral Migallas, ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Xunta conmemora o Día da Lingua Materna cunha actividade familiar en liña desde a Cidade da Cultura

A Xunta de Galicia conmemorou o domingo 21 o Día Internacional da Lingua Materna cunha actividade familiar de dinamización lingüística dirixida aos máis cativos, que será retransmitida en streaming desde a Cidade da Cultura e con acceso libre e gratuíto.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Universidade de Santiago publica un vocabulario con termos relacionados coas vacinas

Baixo o título Termos esenciais de vacinas, a Universidade de Santiago publicou en liña unha listaxe integrada por 125 termos que describen conceptos relacionados co ámbito dos antíxenos, as súas tipoloxías e as campañas de inmunización.
A Xunta pon en marcha 'Gastronomía para non perderse', unha serie documental sobre os produtos da cociña tradicional galega

A Xunta de Galicia pon en marcha o proxecto audiovisual Gastronomía para non perderse, unha serie documental que ten como obxectivo poñer en valor os produtos tradicionais da cociña galega, a través de cinco entregas conducidas polo xefe de cociña André Arzúa.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Boletín
Subscríbase ao boletín