Galicia

Ledicia Costas, Xurxo Lobato, Fegatea, aCentral Folque, Chema Prado, Xosé González, Fundación Penzol e Ildiko Szijj, Premios da Cultura Galega 2020

A escritora Ledicia Costas, o fotógrafo Xurxo Lobato, a Federación de Teatro Afeccionado de Galicia (Fegatea), aCentral Folque, o exdirector da Filmoteca Española Chema Prado, o dinamizador da cultura e lingua galegas Xosé González Martínez, a Fundación Penzol e a responsable do Centro de Estudos Galegos en Budapest, Ildiko Szijj son os galardoados nos Premios da Cultura Galega 2020.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Lugo acolle o encontro internacional 'Xuventude é Camiño' do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 da Xunta

A cidade de Lugo acollerá durante os días 12 e 13 de decembro o Internacional Creative Jam Idea X21 Xacobeo é Camiño, no marco da programación do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 da Xunta de Galicia.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Código Cero e Ollar reciben o premio Lingua e Empresa 2020 do Concello de Ames

A web de novas tecnolóxicas Código Cero e o centro óptico e auditivo Ollar son as dúas empresas galardoadas na terceira edición do premio Lingua e Empresa que convoca o Concello de Ames. Trátase dunha distinción que pretende recoñecer publicamente a contribución ao incremento e á mellora do uso social do galego, así como promover a utilización desta lingua na actividade económica de Ames.  

Fonte: Concello de Ames

O activismo pola lingua galega reinvéntase para superar as restricións impostas pola pandemia

O compromiso e o activismo pola lingua non se detén en tempos de pandemia, senón que se reinventa para superar as barreiras que esta impón. Proba disto é a iniciativa Xabarín, coa que se busca mellorar a programación infantil e xuvenil en galego en televisión.

Fonte: Nós Diario

O CEIP do Foxo da Estrada presenta unha campaña de etiquetaxe en lingua galega

O CEIP do Foxo presentou a súa campaña de etiquetaxe en galego “Bicos a moreas”, unha iniciativa que chega á súa oitava edición e coa que se imprimirán 15 000 etiquetas, deseñadas polo alumnado do centro, para repartir entre os establecementos comerciais do municipio.  

Fonte: Faro de Vigo

O Centro Ramón Piñeiro publica 'Lírica galego-portuguesa. Lingua, sociolingüística e pragmática'

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou, no salón de actos do Pazo de San Roque, na presentación da nova publicación en liña do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH), Lírica galego-portuguesa. Lingua, sociolingüística e pragmática.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Un alumno da Universidade da Coruña denuncia a resposta dunha profesora ao seu traballo por estar escrito en galego

Unha docente da Universidade da Coruña recoñeceu usar un tradutor automático para corrixir o traballo dun alumno redactado en galego, un feito que este denunciou nas redes sociais e polo que xa recibiu as desculpas da UDC.

Fonte: Galicia Confidencial

A Xunta impulsa a miniserie documental ‘Camiñantes do noso’ que pon en valor a visión dos anciáns sobre o Camiño de Santiago

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no salón de actos do Pazo de San Roque na presentación de Camiñantes do noso, unha miniserie documental xurdida ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 da Xunta de Galicia que pon en valor a visión dos anciáns sobre o Camiño de Santiago.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Xunta, o Parlamento e o Foro Enrique Peinador convocan os XXVII Premios de Publicidade en Galego

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, o Parlamento Galego e o Foro Enrique Peinador convocan conxuntamente a XXVII edición dos Premios de Publicidade en Galego.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Xa está aberto o prazo para propoñer palabras galegas aspirantes a se converter na Palabra do Ano 2020

A Real Academia Galega e a Fundación Barrié abren o prazo para propoñer palabras aspirantes a se converter na Palabra do Ano 2020, unha iniciativa organizada por ambas as entidades para difundir o léxico galego.

Fonte: Real Academia Galega

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder