Galicia
A programación conmemorativa do 25N arranca no Museo do Mar de Galicia

O Museo do Mar de Galicia, dependente da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, desenvolve unha programación especial arredor do 25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Así o deron a coñecer o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e a delegada territorial da Xunta na cidade olívica, Marta Fernández-Tapias.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Celébrase unha nova edición da xornada ‘Habelas, hainas’, unha iniciativa que busca normalizar o uso do galego nas matemáticas

‘Habelas, hainas’, xornada de carácter divulgativo sobre a investigación matemática, ten como obxectivo demostrar que esta ciencia está presente actualmente en todos os ámbitos da vida e contribuír a normalizar o uso do galego neste eido.
Presentan a quinta edición de DivulgaTerra, unha iniciativa que fomenta a utilización do galego para a comunicación científica

O ciclo de divulgación científica en galego DivulgaTerra 2020 ten previstas para os días 1 e 3 de decembro pequenas doses sobre diversas liñas de investigación nas que están a traballar tanto docentes como parte da mocidade investigadora.
Convócase unha nova edición dos premios Manuel Beiras que recoñecen as empresas compostelás que usan habitualmente o galego

O Concello de Santiago e a Cámara de Comercio convocan a XXI edición dos premios Manuel Beiras, que fan vinte anos e que teñen como obxectivo recoñecer e poñer en valor as empresas que empregan habitualmente o galego na súa comunicación.
Chega unha nova edición de LGx15. Ideas para o futuro da lingua, este ano en formato virtual
A edición deste ano do certame LGx15. Ideas para o futuro da lingua trasládase aos dispositivos electrónicos, con vídeos en liña que se estrean en YouTube e Facebook entre o domingo 22 e o sábado 28 de novembro ás 21.00 h. O evento contará con sete charlas breves para compilar ideas, experiencias e propostas que poidan mellorar o futuro do galego.
Fonte: CTNL
A Xunta e o Igade colaboran nunha nova publicación para impulsar o uso do galego en todos os ámbitos
O secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Valentín García, e o director do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI), Daniel González, presentaron no Pazo de San Roque a nova publicación O mundo en galego: comprender o global desde aquí, que se edita co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Universidade e que ten como obxectivo impulsar o uso do galego en todos os ámbitos.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O secretario xeral de Política Lingüística visita en Trasalba a mostra 'Carvalho Calero. A voz presente'
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, visitou na casa grande de Cimadevila, sede da Fundación Cultural Ramón Otero Pedrayo, a mostra Ricardo Carvalho Calero. A voz presente.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Xa están no mercado novos volumes de Astérix e Tintín en lingua galega

Xerais lanza dous novos volumes de Astérix: Astérix e o Normandos, un clásico da serie, e O menhir de ouro, un libro ilustrado que recupera un guión feito para o formato audiolibro. Así mesmo, Zephyrum e Trilita Edicións acaban de presentar dous novos álbums das aventuras de Tintín: Obxectivo a Lúa e Camiñantes na Lúa.
Fonte: Culturagalega
A Asociación PuntoGal e a Mesa pola Normalización Lingüística asinan un convenio de colaboración

Os presidentes da Asociación PuntoGal e da Mesa pola normalización lingüística asinaron un convenio de colaboración para promover a utilización do dominio da lingua e a cultura galegas.
Fonte: Galicia Confidencial
O festival Carballo Interplay estrea Amnesia 3.0, a primeira webserie interactiva en galego

Amnesia 3.0, a primeira webserie interactiva en galego, estréase no Carballo Interplay, festival de contidos dixitais no que a serie conseguiu o Premio á produción de proxecto na pasada edición.
Fonte: Código Cero
Boletín
Subscríbase ao boletín