Galicia
Román Rodríguez subliña o valor histórico e cultural do epistolario entre Carvalho Calero e Otero Pedrayo recollido na obra ‘Polos camiños das horas’
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, participou, no Pazo do Hórreo, na presentación do volume Polos camiños das horas, que recolle a correspondencia entre Ramón Otero Pedrayo e Ricardo Carvalho Calero, a quen se lle dedicou o pasado Día das Letras Galegas.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Un equipo de investigación da Universidade de Santiago analiza a distribución dos apelidos en Asturias
A análise da distribución dos apelidos no Principado permitiulle a un equipo de investigación da Universidade de Santiago de Compostela fixar catro rexións onomásticas cunha configuración similar ás áreas dialectais tradicionalmente establecidas no dominio asturiano.
O ILG crea XeraWord, unha nova ferramenta de xeración automática de galego e portugués

XeraWord é unha ferramenta piloto de xeración automática da frase nominal simple en galego e portugués creada polo Instituto da Lingua Galega (ILG) e baseada na tradución automática de léxico extraído da base de datos do idioma inglés WordNet.
Nace un certame para a creación de xogos de mesa en galego

A empresa Xandobela, co apoio da Deputación da Coruña, impulsa Xoga en Galego, o primeiro certame de creación de xogos de mesa en lingua galega para público infantil e familiar. As persoas interesadas en participar deberán remitir as súas propostas lúdicas que despois se publicarán na web Somosxogo.gal, de xeito que se creará un repositorio de xogos nesta lingua.
Fonte: Culturagalega
As consultas ao Dicionario da Real Academia Galega en 2020 medraron case un 50 % con respecto ao ano anterior

O Dicionario da Real Academia Galega superou as 38.500.000 consultas en 2020, o que supón unha media de máis de 105.000 ao día. O punto de inflexión estivo marcado pola entrada en vigor do primeiro estado de alarma por mor da pandemia da covid-19, o que provocou que se alcanzase unha marca histórica de buscas en maio.
Fonte: Real Academia Galega
O Concello de Pontevedra presenta unha publicación dedicada ao léxico das costureiras

O Concello de Pontevedra presenta Léxico de costureiras, unha publicación que recolle termos e expresións profesionais transmitidas por costureiras de Mourente, Lérez e Santa María de Xeve.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O Instituto da Lingua Galega pon en marcha un programa de participación cidadá para a achega de datos léxicos

O Instituto da Lingua Galega (ILG) puxo en marcha DOA, un programa de participación cidadá para a achega de datos léxicos que forma parte do proxecto Patrimonio léxico da Gallaecia, que ten como obxectivo documentar e mostrar a variación no léxico patrimonial actual dentro dos concellos que forman parte da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.
O Centro Dramático Galego estrea a obra 'O charco de Ulises' coa que abre un novo modelo de produción e distribución
O Centro Dramático Galego (CDG), unidade teatral da Xunta de Galicia, estrea o xoves 14 de xaneiro a súa primeira produción propia da actual temporada, O charco de Ulises.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Os traballos de rehabilitación na fachada do hospital de San Roque estarán rematados en verán
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, anunciou que as obras do Hospital de San Roque estarán rematadas en verán. Fíxoo nunha visita na que estivo acompañado polo secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O universo Balbino celebra seis décadas da publicación de 'Memorias dun neno labrego', que se sitúa entre as obras máis vendidas
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, participou no acto de conmemoración do 60º aniversario da publicación de Memorias dun neno labrego, obra mestra de Xosé Neira Vilas.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Boletín
Subscríbase ao boletín