Galicia

O Concello de Ames entrega os premios da primeira edición do certame Galetiktokers

O certame Galetiktokers, convocado polo Concello de Ames para estimular a creatividade entre a mocidade, animar a creación de vídeos en galego con novos formatos e temáticas e darlle visibilidade á comunidade galega de tiktokers, xa ten gañadores.

Fonte: Concello de Ames

Xela Arias será a homenaxeada no Día das Letras Galegas 2021

O Pleno da Real Academia Galega decidiu dedicarlle o Día das Letras Galegas de 2021 a Xela Arias, unha das voces máis destacadas da poesía galega contemporánea, unha poesía singular, transgresora, sincera e comprometida, ademais salientar o seu importante labor como editora e tradutora.

Fonte: Real Academia Galega

A Mesa pola Normalización Lingüística publica o estudo “A lingua galega no sector téxtil”

A lingua galega no sector téxtil, da publicista Anabel Antela Castro, é un traballo de fin de grao para o que a autora investigou como transmiten as compañías téxtiles de Galicia as súas orixes e como utilizan o galego.

Fonte: Nós Diario

A Xunta impulsa a publicación dun libro sobre a importancia da Xeración Nós na arqueoloxía galega

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, presentaron na sede da Delegación o libro Arqueoloxía do noroeste peninsular en tempos de Nós impulsado polo Goberno galego en colaboración co Seminario de Estudos Galegos.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Anúncianse as empresas gañadoras da edición deste ano dos Premios Manuel Beiras

As empresas Moksín, Dinahosting e Revista Pincha son as gañadoras da edición de 2020 dos Premios Manuel Beiras, uns galardóns que convocan o Concello de Santiago de Compostela e a Cámara de Comercio co obxectivo de recoñecer publicamente o uso do galego no ámbito empresarial.

Fonte: Concello de Santiago de Compostela

O Concello da Coruña organiza un programa de actividades en galego para o Nadal destinado ao público infantil

O Concello da Coruña organiza unha programación infantil para o Nadal 2020 adaptada ao formato virtual, con actividades cheas de música, cultura e lingua galega.

Fonte: Concello da Coruña

O Centro Ramón Piñeiro publica a primeira base de datos paleográfica da lírica galego-portuguesa

O secretario xeral de Política Lingüística da Xunta, Valentín García, presentou no salón de actos do Pazo de San Roque, sede do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH), o novo PalMed, a Base de datos paleográfica da lírica galego-portuguesa.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Deputación da Coruña convoca subvencións para a creación, mantemento e reforzo de servizos de normalización lingüística municipais

O Boletín Oficial da Provincia da Coruña publicou a convocatoria de axudas para a creación, mantemento e reforzo de servizos de normalización lingüística durante o ano 2021, dirixida a entidades locais.

Fonte: CTNL

Seis dicionarios audiovisuais protagonizados por persoas migrantes aproxímannos ás súas linguas desde o galego

A Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social presenta Dicionarios de ida e volta, seis breves documentais nos que persoas procedentes de diferentes países nos falan do proceso migratorio, do poder integrador do galego e da riqueza lingüística dos seus lugares de orixe.

Fonte: Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social

O Concello de Vigo presenta unha nova edición do seu programa de lecer infantil en galego para o Nadal

O Concello de Vigo organiza unha nova edición de “No Nadal… un conto”, un programa de lecer en galego para o público familiar e infantil, e que este ano se desenvolve en formato virtual desde o 22 de decembro.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder