Galicia

Os Bolechas volven á Rede de Dinamización Lingüística polo Nadal

Os monecos animados máis famosos de Galicia volven aos concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) polo Nadal, da man da Xunta de Galicia, Bolanda Edicións, Gadis e a Televisión de Galicia (TVG).

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Román Rodríguez destaca a escritora Berta Dávila como "un talento de presente e futuro nas letras galegas"

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, entregou o XIV Premio de Narrativa Breve Repsol a Illa Decepción, de Berta Dávila, unha autora á que definiu como “un talento de presente e futuro nas letras galegas” pois, malia a súa xuventude, é xa unha figura consolidada no noso panorama cultural con varios galardóns nos últimos anos.

Fonte: Xunta de Galicia

Santiago de Compostela acolle unha nova edición do Festival do Apego, un espectáculo para fomentar o galego no ámbito do lecer infantil

O Concello de Santiago de Compostela organiza unha nova edición do Festival do Apego, un espectáculo escénico e musical, que se celebrará o 27 de decembro, que ten como obxectivo crear espazos de uso para o galego no ámbito do lecer infantil.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Comeza a fase de votación popular telemática para decidir cal será a Palabra do Ano 2020 en galego

A Real Academia Galega e a Fundación Barrié deron a coñecer as seis candidatas a  Palabra do Ano 2020: gromo, máscara, nós, pandemia, seteiro ou vacina. Comeza agora a fase de votación popular telemática que decidirá cal delas será a seleccionada e que se prolongará ata as 23:59 horas do 25 de decembro.

Fonte: Real Academia Galega

'Murais da nosa lingua' visibiliza e pon en valor o patrimonio literario da Estrada

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, visitaron na Estrada os traballos de elaboración do proxecto Murais da nosa lingua, promovido pola asociación Ocionautas para visibilizar e poñer en valor, nomeadamente entre a mocidade, o patrimonio literario desta vila a través de graffitis inspirados nos estradenses que deixaron a súa pegada nas letras galegas.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Anúncianse os finalistas dos premios de guión de longametraxe en galego

A Asociación Sindical Galega de Guionistas (AGAG) anunciou os finalistas aos seus galardóns para os mellores guións en galego de longametraxes, así como o cambio de nome destes premios que pasarán a denominarse Premio Daniel Domínguez de guión en galego.

Fonte: Audiovisual 451

O Concello de Silleda inicia a súa campaña de Nadal de fomento do galego no comercio local

O Concello de Silleda iniciou a entrega dos adhesivos de Silledagasalla, con lemas en lingua galega relacionados co Nadal, no marco da sétima edición desta campaña de fomento do galego posta en marcha en colaboración cos centros educativos da vila e unha vintena de establecementos comerciais.

Fonte: Faro de Vigo

A Real Academia Galega e a Universidade de Santiago presentan un proxecto para conectar a mocidade co galego

Novas voces para a lingua, o proxecto da Real Academia Galega e a Universidade de Santiago de Compostela, bota a andar un ano máis baixo o lema “Conseguiremos”, co obxectivo de conectar a xente nova co galego. Arrinca cunha serie de cinco pezas audiovisuais, protagonizadas por mozos e mozas de referencia en Galicia, que empregan esta lingua en todos os contextos da vida, da creación e do desenvolvemento profesional.

Fonte: Real Academia Galega

A Mesa pola Normalización Lingüística presenta o seu catálogo de Nadal de agasallos en galego

A Mesa pola Normalización Lingüística presenta un ano máis o Catálogo de Nadal 2020, que recolle diferentes propostas de agasallos en lingua galega que ofrecen as empresas adscritas ao proxecto Abertos ao Galego.

Fonte: Consello da Cultura Galega

O secretario xeral de Política Lingüística acompaña a Manuel Pombo Arias na presentación da obra ‘Desvendado’

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, acompañou o catedrático de Pediatría e profesor ad honorem da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Manuel Pombo Arias, na presentación da obra Desvendado.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder