Galicia
O Portal das Palabras organiza un concurso escolar para lle buscar unha imaxe á palabra do día

O Portal das Palabras, unha iniciativa da Real Academia Galega e a Fundación Barrié, convoca o concurso “Olla a Palabra do Día!” dirixido aos centros educativos. Repartiranse oito premios entre os traballos do alumnado que lles poñan imaxes aos termos da sección Palabra do Día.
Fonte: RAG
A CTNL organiza un curso en liña sobre estratexias de comunicación para servizos de normalización lingüística

A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) organiza un curso en liña sobre estratexias de comunicación para servizos de normalización lingüística, que impartirá a profesora da Universidade de Vigo Emma Torres Romay e que se desenvolverá os días 22, 23, 29 e 30 de outubro e 5 e 6 de novembro de 9.00 a 11.00 h.
Fonte: CTNL
Feijóo reivindica os valores da Xeración Nós, fiel a un galeguismo de concordia e onde se atopan as orixes culturais "da Galicia que somos"

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, reivindicou os valores e principios da Xeración Nós, que permanece fiel a un galeguismo de concordia e onde se atopan as orixes culturais “da Galicia que somos”.
Fonte: Xunta de Galicia
Valentín García subliña a figura como orador de Ricardo Carvalho Calero e a súa contribución á lingua e literatura galegas

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no Salón dos Reis do Parlamento de Galicia, na presentación do libro de Pilar García Negro Ricardo Carvalho Calero, orador. Discursos e leccións, así como dunha exposición bibliográfica complementaria desta edición, ambos homenaxe da Cámara galega ao autor das Letras 2020.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A sala de cine Numax recibe o III Premio Xela Arias pola súa posta en valor da lingua galega

A Asociación Galega de Profesionais da Tradución e a Interpretación (AGPTI) decidiu concederlle o III Premio Xela Arias á sala de cinema santiaguesa Numax pola súa posta en valor da lingua galega.
Fonte: Nós Diario
A iniciativa por unha televisión en galego destinada á infancia e á mocidade logra un grande apoio social

A Mesa pola Normalización Lingüística comezou hai un par de semanas unha campaña para demandar unha canle Xabarín Club que emita en galego as 24 horas do día ao longo de todo o ano, con contidos de interese para a infancia e a mocidade. Neste período xa conseguiu 15 000 sinaturas de apoio, o que levou á entidade a converter a proposta nunha proposición non de lei de iniciativa popular.
Fonte: Praza Pública
Mercedes Peón leva a Oroso 'Déixaas' dentro da programación do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 da Xunta
Mercedes Peón leva ao concello coruñés de Oroso o seu proxecto Déixaas, no marco da programación do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 que promove a Xunta de Galicia.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Comeza na Coruña unha nova edición do festival de narración oral “Falando a boca chea”

O festival “Falando a boca chea” reunirá no Fórum Metropolitano da Coruña algúns dos mellores narradores de Galicia co obxectivo de dar a coñecer a arte da narración oral en lingua galega.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Farruco recolle semblanzas de santiagueses singulares no seu libro ‘Eles e mais eu. Compostelaneando’
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, acompañou o coñecido actor e humorista Xosé Luís Bernal Farruco, no acto de presentación do libro Eles e mais eu. Compostelaneando, no que o persoeiro compostelán fai memoria da súa cidade a través de semblanzas de santiagueses singulares.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Valentín García participa na Gala de entrega de premios aRi[t]mar

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na Gala de entrega de premios aRi[t]mar da música e a poesía galego-portuguesas 2020, que recibiron Carlos da Aira, Raquel Lima, Sabela, António Zambujo e Georgina Benrós de Mello (representada por Rudesindo Soutelo).
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Boletín
Subscríbase ao boletín