Galicia
A Biblioteca de Galicia afonda nas diferentes facetas de Xela Arias na mostra conmemorativa das Letras Galegas

A través de máis de 50 documentos e seis paneis explicativos, percorre a traxectoria persoal e profesional da autora homenaxeada. Inaugurada polo secretario xeral de Cultura, a exposición poderá visitarse ata finais de agosto.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O Festiletras volve o 17 de maio á aldea do Couto, en Ponteceso, co apoio da Xunta

O representante da Consellería de Cultura pon en valor o traballo da Fundación Eduardo Pondal para manter viva esta cita mesmo durante a pandemia.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O RC Celta súmase á celebración das Letras Galegas cunha serie de accións para dar a coñecer vocabulario futbolístico en galego

Un ano máis, o RC Celta participa activamente na celebración do Día das Letras Galegas a través dunha serie de accións que achegan fútbol e literatura, ademais de darlle visibilidade á lingua dando a coñecer vocabulario en galego vinculado con este deporte.
Fonte: Mundo Deportivo
A Xunta e Renfe colaboran para festexar o 17 de maio nos trens e nas estacións de ferrocarrís
A imaxe de Xela Arias viaxa xa nos 11 trens de alta velocidade dos corredores A Coruña-Vigo e A Coruña-Ourense. Tamén loce nos carteis conmemorativos que exhiben as principais estacións de Galicia durante o mes das Letras Galegas. O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, presentaron a nova campaña na cidade herculina.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Intervención do presidente da Xunta no acto conmemorativo do Día das Letras Galegas 2021
Discurso do presidente da Xunta de Galicia, Albero Núñéz Feijóo, no acto conmemorativo do Día das Letras Galegas 2021, celebrado en Vigo.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Valentín García participa na presentación da nova saqueta emocional
O secretario xeral de Política Lingüística participou no acto de presentación do novo material didáctico deste proxecto de innovación educativa específico para a infancia usuaria das aulas hospitalarias de idades comprendidas entre os 3 e os 16 anos.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Santiago acolle a concentración do Día das Letras Galegas para reivindicar o uso do galego
Miles de persoas, convocadas pola plataforma Queremos Galego, acudiron á praza do Obradoiro de Santiago o 17 de maio para reivindicar o uso do galego e criticar a política lingüística da Xunta.
Fonte: Faro de Vigo
Feijóo preside a sesión extraordinaria e pública da Real Academia Galega
O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, presidiu a sesión plenaria extraordinaria e pública da Real Academia Galega.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Universidade de Santiago convoca a sexta edición de Findecurta, un certame para impulsar a creación audiovisual en galego
Findecurta, un certame promovido ao abeiro do convenio Lugo Cultural, chega á súa sexta edición. Con este maratón preténdese impulsar a creatividade audiovisual en galego da mocidade.
A Escola Galega de Administración Pública oferta tres cursos formativos de carácter lingüístico destinados ao funcionariado
A Escola Galega de Administración Pública publica a convocatoria de actividades de formación dirixidas ao persoal da Administración pública galega, entre as que se atopan tres cursos de carácter lingüístico, todos na modalidade de teleformación.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Boletín
Subscríbase ao boletín