Galicia
Preséntanse as novas edicións do certame Youtubeir@s e do Festival de Cinema Escolar Olloboi

O certame Youtubeir@s deste ano leva como lema "Magnetismo en rede" e busca fomentar a creación e o mantemento de canles de YouTube en galego. Pola súa banda, Olloboi, que ten xa na rede os traballos finalistas, renovou as categorías nesta edición para que as obras seleccionadas sexan o máis representativas posible.
Fonte: Cultura Galega
A Xunta destaca a importancia da Heráldica como signo de identidade para divulgar as peculiaridades das entidades locais
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, participou xunto coa directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, na presentación da lámina Liñaxes e armerías no reino de Galicia (séculos XIII-XVI), de Eduardo Pardo de Guevara y Valdés.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O Centro Dramático Galego leva a estrea en Galicia de ‘A contenda do río Miño’ á Mostra de Teatro de Cangas
O Centro Dramático Galego (CDG), unidade de produción teatral da Xunta de Galicia, levará a estrea galega de A contenda do río Miño o vindeiro 10 de xullo á Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas (MITCF).
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Unha empresa británica adquire Avalingua, sistema de corrección lingüística desenvolvido na Universidade de Santiago

A empresa británica ProWritingAid, spin-off da Universidade de Oxford, adquiriu os dereitos de explotación para o español de Avalingua, un sistema de corrección e avaliación automática da calidade lingüística que emprega técnicas de procesamento da linguaxe natural baseadas en intelixencia artificial.
O Concello de Lugo instala nunha rúa as oito palabras do ano elixidas ata o momento

Desde o ano 2014, a Real Academia Galega e a Fundación Barrié promoven a elección da palabra do ano en galego. Agora, o Concello de Lugo instalou no pavimento da rúa Menorca as oito palabras elixidas ata o momento, unha iniciativa coa que busca poñer en valor a lingua galega.
Fonte: Real Academia Galega
O libro ‘Aquela nena de Sarria’, apoiado pola Xunta, completa o proxecto-homenaxe do colectivo Egeria a Xela Arias
A Xunta de Galicia, representada no seu secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou en Sarria no acto de presentación do libro-catálogo da exposición Aquela nena de Sarria, homenaxe a Xela Arias.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Xunta renova os convenios con varias universidades do mundo para promover a lingua, a literatura e a cultura galegas
A Xunta de Galicia destinará un investimento de 140 000 euros a renovar os seus convenios de colaboración con universidades do resto de España, Italia e Portugal para promover ata 2024 a lingua, a literatura e a cultura galegas no ámbito académico.
Fonte: Crónicas de la Emigración
A Universidade de Santiago entrega os Premios á calidade lingüística
Os Premios á calidade lingüística teñen como obxectivo fomentar entre o alumnado, a cultura da calidade ligada ao uso do galego. Nesta sexta edición, por mor das restricións sanitarias, as persoas galardoadas recibiron os diplomas acreditativos por correo postal nos seus respectivos domicilios.
O IES de Ames recibe o premio do concurso-exposición Letras Galegas 2021 polo proxecto 'Abecedáriome'

O IES Plurilingüe de Ames (A Coruña) fíxose este ano co galardón do Concurso-Exposición Letras Galegas 2021 na modalidade de ESO, BAC, FP e ensinanzas de réxime especial convocado pola Xunta de Galicia arredor da figura, vida e obra de Xela Arias.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Valentín García participa na entrega do I Premio Alberte Quiñoi a Gloria Pavía, pola obra “Eva, a carteira espacial”
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no Teatro Principal estradense no acto de entrega do Premio Alberte Quiñoi de Álbum Ilustrado á música compostelá Gloria Pavía, pola obra Eva, a carteira espacial.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Boletín
Subscríbase ao boletín