Galicia
A Xornada virtual das Letras Galegas, Xela Arias achega a figura da anfitrioa do 17 de maio ao ensino

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, inaugurou no Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI) a Xornada das Letras Galegas. Xela Arias, dirixida a achegar a figura, vida e obra da autora anfitrioa deste 17 de maio ao profesorado encargado de divulgalas entre o resto da comunidade educativa, nomeadamente, o da materia de lingua galega e literatura.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A plataforma Queremos Galego convoca unha concentración o 17 de maio polo dereito a vivir en galego
A plataforma Queremos Galego convocou unha concentración na praza do Obradoiro con motivo da celebración do Día das Letras Galegas para reclamar o dereito a vivir con normalidade en galego no día a día.
Fonte: Galicia Confidencial
A obra 'Vinte poemas de amor e unha canción desesperada' de Pablo Neruda xa se pode ler en galego

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou Vinte poemas de amor e unha canción desesperada, unha das obras máis célebres de Pablo Neruda, que xa se pode ler en idioma galego grazas á colaboración entre a Xunta de Galicia e Medulia Editorial.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Real Academia Galega participa nun encontro de lexicografía organizado pola Academia Brasileira de Letras
A Real Academia Galega participou nun encontro en liña de lexicografía no que interviñeron academias de linguas de orixe latina organizado pola Academia Brasileira de Letras. Ademais, foi a única institución representante dunha lingua minorizada presente no encontro.
Fonte: Real Academia Galega
A Xunta premia as mellores mensaxes en galego a través do certame Lingua de namorar

Lingua de namorar, o certame de declaracións de amor en galego na rede dirixido á mocidade que promove a Xunta de Galicia por medio das consellerías de Cultura, Educación e Universidade e de Política Social, fai pública a relación de participantes premiados na décima edición do certame, que viu ampliadas as súas categorías habituais de premios cunha nova exclusiva do Instagram (IG) na que se deu unha importante participación, sobre todo na fase das votacións, baixo o cancelo #NamorarEnPandemia.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O Concello do Rosal organiza ao longo do mes do libro actos de fomento do galego
O Concello do Rosal anima a veciñanza a gozar da lectura a través da organización de diferentes actividades, como un espectáculo de maxia que ten como vehículo condutor a dinamización do galego.
Fonte: Faro de Vigo
A Universidade de Vigo contará cun novo grao en Filoloxía Aplicada Galega e Española
A Universidade de Vigo contará o vindeiro curso cun novo grao, único no sistema universitario español, que ofertará 50 prazas. Filoloxía Aplicada Galega e Española busca que o alumnado adquira as competencias filolóxicas precisas para aplicalas de xeito práctico na procura de solucións aos problemas actuais coa axuda das novas ferramentas tecnolóxicas.
Fonte: Universidade de Vigo
Xa está aberto o prazo para presentar propostas ao concurso de cancións orixinais en galego Cantalingua
Ata o 31 de maio estará aberto o prazo para presentar propostas musicais orixinais ao certame Cantalingua, o concurso dirixido a bandas e solistas que usen o galego nas súas letras.
Fonte: Galicia Confidencial
O Fondo de proxectos Xacobeo 21-22 difunde a cultura tradicional da man de Davide Salvado, Fransy González e Cibrán Seixo
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e os músicos Davide Salvado, Fransy González e Cibrán Seixo presentaron o audiovisual Cantar do liño e Maneo de Xaviña, realizado ao abeiro da primeira convocatoria do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21-22 da Xunta de Galicia.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Xunta abre en Vigo a programación académica do instituto Castelao en homenaxe á antiga alumna Xela Arias
A Xunta de Galicia, representada no seu secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e a súa delegada territorial en Vigo, Marta Fernández-Tapias, abriu a programación académica do IES Castelao en homenaxe a Xela Arias Castaño, alumna deste centro entre os anos 1976 e 1981 e autora á que a Real Academia Galega lle dedica o 17 de maio.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Boletín
Subscríbase ao boletín