Galicia
O Concello de Cabanas pon en marcha o seu Servizo de Normalización Lingüística
Xa está activo o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Cabanas que realizará labores de asesoramento interno e externo sobre o uso do galego, así como tarefas de dinamización lingüística.
Fonte: La Voz de Galicia
A Xunta anima os Grupos de Desenvolvemento Rural a adherirse á Rede de Dinamización Lingüística polo seu papel dinamizador do territorio

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, xunto co secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, mantivo un encontro telemático con representantes dos Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) para a súa inclusión na Rede de Dinamización Lingüística (RDL).
Fonte: Xunta de Galicia
Publícanse as resolucións das axudas para o fomento do galego no ensino privado

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade publicou as resolucións das axudas para o curso escolar 2020/2021 destinadas aos proxectos de fomento do galego realizados nos centros de ensino non universitario de titularidade privada.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A iniciativa 'Twitter en Galego' cumpre dez anos

Hai dez anos, a iniciativa 'Twitter en Galego', impulsada por Carlos García Vieito, conseguiu a dispoñibilidade da web de Twitter, que ata entón era accesible só en castelán ou inglés, en galego.
Fonte: Galicia Confidencial
Valentín García presenta en Madrid un libro que recompila as pezas audiovisuais sobre o Camiño de Madrid
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou en Madrid na presentación de Un camiño de cine Xacobeo, a nova obra de Pilar Falcón na que se recompilan os documentais e longametraxes feitos ao longo dos anos e que teñen como protagonista o fenómeno do Camiño de Santiago.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Valentín García destaca o traballo feito por Elixio Rivas a favor da lingua galega na homenaxe do colexio San Narciso de Marín
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou en Marín na presentación do traballo O reto da recuperación e xeolocalización toponómica de Marín que fixeron desde o colexio San Narciso en homenaxe ao relixioso, lingüista, etnógrafo e profesor Elixio Rivas Quintas.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Egap convoca unha actividade de formación lingüística para o persoal das administracións autonómica e institucional
A Escola Galega de Administración Pública convoca actividades formativas para o persoal da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico e da Administración institucional, entre elas un curso de "Actualización gramatical e ortográfica da lingua galega".
Fonte: Consello da Cultura Galega
Ponse en marcha unha campaña para animar o alumnado galego a que se inscriba na materia de portugués

A asociación Docentes de Português na Galiza (DPG) lanzou o vídeo "Amor à primeira vista" como parte da campaña para animar o alumnado de ESO e bacharelato a que se inscriba na materia de portugués. Nel expóñense as vantaxes de aprendizaxe que teñen os galegofalantes pola proximidade entre esa lingua e o galego.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A Xunta e a Fundación Xosé Neira Vilas impulsan o libro 'Caderno de Gres' no marco do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación do libro Caderno de Gres, unha publicación en papel promovida pola Fundación Xosé Neira Vilas ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Un alumno da Universidade de Vigo pon en marcha unha iniciativa para agrupar todos os contidos en galego de internet
Carlos Cerecedo, alumno da Universidade de Vigo, creou a web "Somos Cultura", que ten como obxectivo darlle resposta á escasa utilización do galego entre a mocidade, xuntando nun só punto ligazóns a contidos en galego de diferentes plataformas e redes sociais.
Fonte: Treintayseis
Boletín
Subscríbase ao boletín