Galicia
As tres universidades galegas presentan unha peza audiovisual na que o alumnado reflexiona sobre o galego

Co gallo da celebración do Día das Letras Galegas 2021, as tres universidades de Galicia presentaron o vídeo "A universidade, un espazo para o galego", unha peza audiovisual na que o alumnado dos diferentes campus conta a súa experiencia lingüística na universidade, reflexiona sobre as eivas e as oportunidades para a normalización da lingua galega neste ámbito e expón as súas razóns para incorporala nos seus usos lingüísticos.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O Concello de Ourense organiza a iniciativa “O camiño da lingua” que contará coa participación de doce centros educativos
“O camiño da lingua” é unha iniciativa posta en marcha polo Concello de Ourense no marco do programa de animación á lectura e ten como obxectivo promover a cultura e a lingua galegas a través do xogo e da interacción.
Fonte: Concello de Ourense
A Cámara galega aproba por unanimidade unha iniciativa para reclamar a normalización do galego nos centros sanitarios

O Parlamento galego aprobou, por unanimidade, unha iniciativa do BNG na que se insta a Xunta a normalizar o uso e a presenza do galego nos centros sanitarios. Para iso piden que se garanta a existencia de versións nesta lingua de toda a documentación destinada aos pacientes e a posta en marcha de actuacións formativas para que os profesionais dispoñan das competencias lingüísticas necesarias para ofrecer atención en galego.
Fonte: Galicia Confidencial
A Xunta achega a 30 localidades de Galicia a proxección do documental 'Xela Arias. Poeta nas marxes'
A Xunta de Galicia dálle continuidade á homenaxe á autora anfitrioa das Letras Galegas 2021 coa iniciativa Xela Arias. Poeta nas marxes, un programa de proxeccións audiovisuais do documental homónimo dirixido por Beatriz Pereira arredor da escritora.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Xunta abre unha convocatoria de apoio ás librarías para impulsar actividades de promoción do libro e a lectura

As subvencións irán destinadas a accións como presentacións, encontros ou obradoiros realizados nos propios establecementos ou a través de internet. É unha medida enmarcada no Plan de Reactivación Cultura en marcha, que está sendo reforzado este ano con 23M € e destina un 12 % máis á industria editorial.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O IES Ribeira do Louro exhibe na fachada da Xunta en Vigo o mural floral co que homenaxea a Xela Arias
A delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, acompañou ao alumnado do IES de Ribeira do Louro no acto de colocación na Delegación Territorial do mural floral co que o centro educativo porriñés homenaxea o 17 de maio, Día das Letras Galegas, á poetisa Xela Arias.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Xunta colabora co proxecto 'A lingua de signos' para que a poboación infantil xorda poida gozar dos Bolechas

A Xunta de Galicia e a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG) impulsan o proxecto “Os Bolechas. A lingua de signos”, que fai posible que a poboación infantil xorda poida gozar coas aventuras e as aprendizaxes dos irmáns animados máis coñecidos pola cativada galega.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Facultade compostelá de Medicina e Odontoloxía publica imaxes de expresións populares en galego coa súa equivalencia técnica

No marco da campaña "Entendo, logo diagnostico. Técnico&popular", publicouse unha serie de dezaoito imaxes nas que se recollen expresións populares en galego sobre síntomas e doenzas cos seus respectivos termos técnicos.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O instituto compostelán Xelmírez II, no que impartiu docencia Xela Arias, súmase á homenaxe á anfitrioa das letras
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na apertura da xornada lingüística-cultural organizada polo IES Arcebispo Xelmírez II con motivo da celebración do Día das Letras Galegas.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Asociación PuntoGal pon a disposición da cidadanía 17 guías para usar a rede e as principais ferramentas ofimáticas en galego

Co gallo da celebración o 17 de maio do Día das Letras Galegas e o Día de Internet, a Asociación PuntoGal publicou unha serie de 17 guías para usar a rede e as principais ferramentas ofimáticas en galego.
Fonte: Dominio PuntoGal
Boletín
Subscríbase ao boletín