Galicia

A Deputación de Pontevedra organiza a programación das Letras Galegas 2021 co lema '365 días en galego'

A Deputación de Pontevedra organiza unha programación chea de actividades dirixidas principalmente á mocidade baixo o lema '365 días en galego' co obxectivo de reivindicar a lingua galega como identidade e animar a cidadanía así como ás institucións a que a usen.

Fonte: Galicia Confidencial

Román Rodríguez anima a fomentar a lectura desde a infancia na inauguración da 40ª Feira do Libro de Santiago

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, participou na inauguración da 40ª edición da Feira do Libro de Santiago de Compostela, a segunda das citas do calendario impulsado pola Xunta e a Federación de Libreiros de Galicia que inclúe un total de 12 paradas en diferentes cidades e vilas galegas ata o mes de agosto.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

 

A Xunta trasladará ao Goberno central a súa defensa no mantemento da oficialidade do topónimo Ría de Ribadeo

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, presidiu xunto co secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, a reunión da Comisión de Toponimia de Galicia, na que se acordou manter a oficialidade do topónimo galego Ría de Ribadeo, despois de que o Principado de Asturias trasladase ao Goberno central unha petición para oficializar o nome Ría do Eo.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

O Concello de Pontevedra organiza unha mostra para dar a coñecer o panorama actual da música en galego

A exposición transmedia ‘Cantámola en galego’ amosa o panorama musical dos últimos 20 anos da man de bandas ou solistas que fan música en galego de diferentes estilos. Trátase dun total de 14 paneis con listaxes de reprodución en Spotify, listaxes de vídeos en YouTube e unha unidade didáctica.

Fonte: Concello de Pontevedra

O 17 de maio regresa a carreira 'Camiño das Letras' para homenaxear a Xela Arias na Cidade da Cultura

Galicia retoma, tras un ano de pandemia, un dos eventos máis populares da programación institucional das Letras Galegas impulsada pola Xunta, a VII Carreira Camiño das Letras.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

O Concello do Porriño impulsa o uso do galego entre a mocidade a través do rap

O Concello do Porriño organiza o programa A xuventude coas Letras Galegas 2021 na praza do Cristo, unha iniciativa coa que busca fomentar o uso do galego entre a xente nova dun xeito atractivo e mediante actividades baseadas na cultura urbana, como o rap.

Fonte: La Voz de Galicia

A Xunta fixa os exames oficiais de acreditación do Celga do 22 de maio ao 12 de xuño

A Xunta de Galicia, por medio da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, fixa as datas de realización das probas de acreditación do Celga da primeira convocatoria do ano 2021 para os días 22, 23 e 29 de maio (Celga 4), 30 de maio (Celga 2), 5 e 6 de xuño (Celga 3) e 12 de xuño (Celga 1), nas localidades nas que vén sendo habitual, Santiago de Compostela e Ponferrada.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Deputación de Ourense aproba as bases da XL edición do Premio Blanco Amor de novela en galego

A Deputación de Ourense aprobou as bases dunha nova edición do Premio Blanco Amor de novela longa, dotado con 15 000 euros. As obras que se presenten deben ser inéditas e estar escritas en galego.

Fonte: Ourense Dixital

A Xunta presenta o cómic "Camiño de Santiago. A aventura xacobea de Simón Martel", obra de Fausto Isorna

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, pechou o acto de presentación do cómic Camiño de Santiago. A aventura xacobea de Simón Martel, de Fausto Isorna, nun acto que tivo lugar na Biblioteca Anxel Casal de Santiago de Compostela e no que tamén participou o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

O Espazo Xove acolle a mostra 'Aquela meniña de Sarria', impulsada polo colectivo Egeria e a Xunta en homenaxe a Xela Arias

O Espazo Xove da Xunta en Ourense acolle a exposición “Aquela meniña de Sarria”, en homenaxe a Xela Arias no ano no que se lle dedica o Día das Letras Galegas; está elaborada polo Colectivo Egeria co patrocinio da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder