Galicia
O Concello de Allariz pon en marcha unha campaña para impulsar o uso do galego no sector do comercio

“Eu merco en Allariz, eu merco en galego” é o lema da campaña impulsada polo Concello de Allariz para promover o uso do galego no ámbito do comercio. O obxectivo é conseguir que a atención á clientela e a provedores se faga nesta lingua, así como que se empregue en rótulos, publicidade ou calquera outro elemento informativo ou de comunicación do establecemento.
Fonte: Galicia Confidencial
A Xunta e Vegalsa-Eroski celebran as Letras Galegas cunha campaña para homenaxear a Xela Arias

A Xunta de Galicia, representada na súa delegada territorial, Marta Fernández-Tapias Núñez, e no seu secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, abriu no Eroski Center de García Barbón, en Vigo, a campaña conmemorativa das Letras Galegas impulsada por Vegalsa-Eroski e apoiada pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade no marco da programación institucional das Letras Galegas 2021.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Xunta participa na presentación do novo libro infantil 'Celi no Camiño de Santiago', de Pere Tobaruela
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participaron na presentación do novo libro infantil Celi no Camiño de Santiago, de Pere Tobaruela.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Biblioteca da Xunta na Coruña conmemora o centenario de Emilia Pardo Bazán cunha exposición con obras orixinais da autora
A Biblioteca da Xunta na Coruña Miguel González Garcés rende homenaxe a Emilia Pardo Bazán a través dun itinerario literario polas súas instalacións que inclúe un percorrido pola nova exposición “O reto dunha feminista da súa época: 1851-1921”.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A iniciativa Xabarín para o impulso da programación infantil en galego consegue o apoio unánime do Parlamento de Galicia
A iniciativa Xabarín, impulsada pola Mesa pola Normalización Lingüística co obxectivo de reforzar a programación infantil e xuvenil en galego, logrou o apoio dos tres grupos da Cámara para instar a CRTVG a que incremente a oferta televisiva destinada a estas franxas de idade.
Fonte: GaliciaPress
A Xunta recupera 30 anos despois o carácter transgresor da obra de Xela Arias coa mostra ‘Tigres coma cabalos’
Os secretarios xerais de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e de Política Lingüística, Valentín García, participaron na inauguración da mostra Tigres coma cabalos no Museo do Mar de Galicia, coa que a Xunta recupera 30 anos despois o carácter transgresor da obra de Xela Arias.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Galicia avanza na universalización da súa lingua co proxecto Nós que empregará a intelixencia artificial para que os cidadáns poidan interactuar en galego no mundo dixital

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, presentou o proxecto Nós: Intelixencia artificial ao servizo da lingua galega, que permitirá aos cidadáns interactuar en galego no mundo dixital ao mesmo nivel que os falantes doutras linguas.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Danse a coñecer as dúas gañadoras do certame de poesía 'aRi[t]mar Galiza e Portugal'
A artista multidisciplinar Rosalía Fernández Rial e a compositora e música Márcia son as gañadoras do certame de poesía do proxecto aRi[t]mar Galiza e Portugal nas categorías de lingua galega e lingua portuguesa respectivamente
Fonte: Culturagalega.org
Román Rodríguez anima a divulgar o legado de Emilia Pardo Bazán desde as escolas e promover os seus valores na mocidade
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, salientou a importancia de divulgar entre os máis novos o legado de Emilia Pardo Bazán e animou a facelo con ferramentas pedagóxicas que afonden nos valores da escritora, especialmente comprometida coa igualdade e os dereitos das mulleres.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A iniciativa Twitter en galego celebra o seu décimo aniversario

O 7 de maio celebrouse o décimo aniversario da iniciativa Twitter en galego, dez anos de reivindicación do uso do galego nesta rede social á que se sumaron personalidades do ámbito cultural, divulgador e académico.
Fonte: Código Cero
Boletín
Subscríbase ao boletín