Galicia

O Fondo de proxectos culturais Xacobeo 2021 leva a Vigo o musical Aladino e a lámpada marabillosa

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, asistiron á primeira das funcións na cidade olívica do espectáculo musical Aladino e a lámpada marabillosa, incluído no Fondo de proxectos culturais Xacobeo 2021, que ofrece Avento Producións na Sala Artika.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Deputación da Coruña organiza unha nova edición das Xornadas Malas Linguas

Estas xornadas, este ano cun formato virtual, teñen como obxectivo deseñar estratexias para activar os/as falantes de galego do século XXI. Haberá dúas sesións abertas, os días 10 e 12 de novembro, e unha sesión de traballo interna, para persoal técnico, o 17.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Tres xornadas virtuais organizadas pola Universidade de Vigo analizarán a presenza do galego na rede

O ciclo de coloquios virtuais Redes Galegas terá lugar os días 29 de outubro e 5 e 12 de novembro. Consta de tres xornadas nas que profesionais relacionados coas redes sociais e a comunicación dixital afondarán en temas como a presenza da cultura galega en internet ou no uso das redes sociais como un xeito de achegar o galego ás novas xeracións.

Fonte: Universidade de Vigo

Retómase a convocatoria dos II Premios Mil Primaveras dirixidos a proxectos de fomento do galego

Logo da interrupción en marzo por mor da crise sanitaria, a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua retoma a convocatoria dos II Premios Mil Primaveras destinados a proxectos de posta en valor e fomento do galego.

Fonte: CTNL

O Concello de Nigrán crea unha páxina web para dar a coñecer máis de 7000 topónimos das súas sete parroquias

Grazas aos traballos de recollida da tradición oral realizados nas súas sete parroquias, o Concello de Nigrán pon a disposición da cidadanía algo máis de 7000 nomes de lugares como campos, cultivos, pazos, montes, lavadoiros, presas, regatos, hórreos... que quedarán gardados nos arquivos municipais e xeolocalizados nunha páxina web.

Fonte: Faro de Vigo

Duplícase o número de lectores en galego nas bibliotecas da Xunta de Galicia

Segundo explicou a Xunta, a súa plataforma de préstamo dixital das bibliotecas GaliciaLe duplicou o número de lectores en lingua galega desde que comezou a crise da covid-19.

Fonte: Galicia Confidencial

A obra Don Ricardo de Fingoi dá conta do legado intelectual e persoal de Carvalho Calero en Lugo

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, fixeron a presentación pública do libro Carvalho Calero en Lugo. Don Ricardo de Fingoi.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Xunta convoca oito bolsas de formación para ensinar galego en distintas universidades de España, Portugal, Italia e Brasil

O Consello da Xunta aprobou a convocatoria pública de oito bolsas de formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas en distintas universidades de España e de países como Portugal, Italia e Brasil cun investimento global de máis de 300 000 euros.

Fonte: Xunta de Galicia

As fundacións Losada Diéguez, Vicente Risco, Castelao e Otero Pedrayo reciben o Premio Otero Pedrayo 2020 en homenaxe á Xeración Nós

As fundacións Losada Diéguez, Vicente Risco, Castelao e Otero Pedrayo son as gañadoras da edición dos Premios Otero Pedrayo 2020, que recoñecen o seu papel de difusión do legado dos principais persoeiros da Xeración Nós.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

O Fondo de Proxectos Culturais do Xacobeo 2021 impulsa dúas novas iniciativas para promover a lingua galega e a gastronomía

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación de dúas iniciativas enmarcadas no Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 posto en marcha pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade no marco do Plan de reactivación cultural.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder