Galicia

O Concello de Vigo organiza unha nova edición do seu Curso de improvisación oral en verso

O Curso de improvisación oral en verso, organizado polo Centro de Interpretación da Oralidade de Vigo (CIOV), ten entre os seus obxectivos fomentar o interese do alumnado polo patrimonio cultural e incrementar as competencias lingüísticas e escénicas na expresión oral e na dimensión lúdica da lingua.

Fonte: Consello da Cultura Galega

O Concello de Redondela impulsa actuacións de fomento do galego na lonxa e nos establecementos hostaleiros

O Concello de Redondela puxo en marcha novas medidas de promoción do uso do galego en diferentes ámbitos do sector socioeconómico do municipio. Por unha banda, asinou un convenio coa Confraría de Pescadores de San Xoán para fomentar a súa utilización na lonxa de Cesantes. Por outra, distribuíu entre a hostalería, en colaboración coa Asociación de Empresarios da vila, 50 000 manteis de papel con léxico galego.

Fonte: Consello da Cultura Galega

A Xunta de Galicia publica a resolución da convocatoria de subvencións ás entidades locais para a promoción do galego

O DOG publicou a resolución da convocatoria de axudas ás entidades locais para o fomento do uso do galego, na que aparece a listaxe de concellos que recibirán unha subvención para manter ou reforzar os seus servizos de normalización lingüística.

Fonte: Consello da Cultura Galega

O curso de iniciación á lingua de signos da Universidade de Vigo cobre as súas prazas, malia as dificultades que supón a covid-19

O obradoiro de extensión universitaria “Comunícate coas mans” busca iniciar o alumnado na lingua de signos. Porén, a crise da covid-19 supón unha dificultade engadida para este taller que debe impartirse con máscara, dada a importancia que ten a expresión facial nesta lingua.

Fonte: Universidade de Vigo

O filme en galego 'O que arde' é un dos tres preseleccionados para representar a España nos premios Óscar

O que arde, El hoyo e La trinchera infinita son os tres títulos que optan a representar a España na vindeira edición dos premios Óscar de Hollywood na categoría de Mellor Película Internacional.

Fonte: Galicia Confidencial

Rinoceronte Editora publica o primeiro dicionario en liña castelán-galego

Rinoceronte Editora acaba de publicar de balde na súa páxina web un dicionario castelán-galego, que inclúe ademais sinónimos, fraseoloxía e topónimos. A vontade da editorial é mantelo vivo e melloralo coas achegas e as consideracións das persoas usuarias.

Fonte: Culturagalega

Resólvense os XVI Premios á calidade lingüística na modalidade de traballos académicos da Universidade de Santiago

O xurado dos Premios á calidade lingüística deu a coñecer os nomes das persoas gañadoras da XIV edición deste certame que ten como obxectivo promover a cultura da calidade ligada ao uso do galego entre o alumnado da USC.

Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

Pídenlle á Xunta que esixa a utilización do topónimo oficial da Toxa en eventos, rótulos e establecementos

Despois da celebración do denominado Foro La Toja, que incumpre a Lei de normalización lingüística no uso do topónimo, o grupo parlamentario do BNG solicitoulle á Xunta que esixa o emprego da denominación oficial da Toxa en eventos, rótulos e establecementos.

Fonte: Galicia Confidencial

Constitúese en Ferrol o Consello Sectorial da Lingua

O pazo municipal acolleu a sesión constituínte do Consello Sectorial da Lingua de Ferrol. Nesta primeira sesión ordinaria aprobouse o regulamento interno do novo órgano. Agora abrirase un período para que soliciten o seu ingreso particulares e entidades que nos seus estatutos inclúan a defensa do galego.

Fonte: La Voz de Galicia

A Xunta facilita o acceso a información en lingua de signos cun novo convenio coa Federación Galega de Persoas Xordas

A Xunta de Galicia reforza o seu apoio á Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (Faxpg) a través dun novo convenio de colaboración que ten por obxecto facilitar o acceso deste colectivo a información pública do seu interese en lingua de signos.

Fonte: Xunta de Galicia

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder